Ryue Nishizawa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de febreiro de 1966 Iocoama, Xapón |
| Educación | Yokohama National University (en) Tokyo Metropolitan Fuchu High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto |
| Empregador | Yokohama National University (en) |
| Compañeiro profesional | Kazuyo Sejima |
| Premios | |
| |
Ryūe Nishizawa (西沢 立衛, にしざわ りゅうえ), nado no 1966 en Tokyo (Xapón), é un arquitecto que, xunto a Kazuyo Sejima, fundou a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados) no ano 1995. Ademais de SANAA, ámbolos dous, Nishizawa e Sejima, levan a cabo estudos independientes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto a súa compañeira Kazuyo Sejima foi galardoado co Premio Pritzker.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ryūe recibiu o seu título de arquitecto no 1990 na Universidade nacional de Yokohama. Entrou a traballar a Kazuyo Sejima & Associates até que no 1995 fundou xunto con Kazuyo Sejima o estudio SANAA (Sejima + Nishizawa). No 1997, iniciou a súa carreira independente "Estudio de Ryue Nishizawa", paralelamente ao estudio que ten coa súa compañeira. Dende o 2000 foi profesor invitado en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward e da Universidade de Princeton (Estados Unidos) Dende o 2001 é profesor da Universidade Nacional de Yokohama no departamento de proxectos.
Obras
[editar | editar a fonte]- 1997. Casa de Fin de Semana, Usui-gun, Xapón.
- 1999. Casa en Kamakura, Xapón.
- 2001. Apartamentos Ichikawa en Chiba, Xapón.
- 2002. Apartamentos Eda en Yokohama, Xapón.
- 2002. Casa Moriyama en Tokyo, Xapón.
- 2002. Pavillón de Vídeo en Naoshima, Xapón.
- 2002. Museo Tomihiro en Gunma, Xapón.
- 2002. Apartamentos en Funabashi, Xapón.
- 2003. Casa en Tianjin, China.
- 2004. Museo N en Kagawa, Xapón.
- 2004. Casa A en Tokyo, Xapón.
- 2005. Hotel en Emona, Bulgaria.
- 2005. Centro de Arte de Towada, Aomori, Xapón.
- 2006. Xardín e Casa en Tokyo, Xapón.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1999. Premio Yoshioka, The Japan Architect, pola Casa de Fin de Semana.
- 1999. Premio Deseño de Exposición 99.
- 2000. Premio en Arquitectura Residencial pola Asociación de Arquitectos e Enxeñeiros da Construción de Tokyo, pola Casa de Fin de Semana.
- 2001. Premio Kajima, revista SD 2001 polos Apartamentos Ichikawa.
- 2010. Premio Pritzker.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]