Kazuyo Sejima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kazuyo Sejima
Kazuyo Sejima mg 4973-small (cropped).jpg
Nacemento 1956
Lugar Prefectura de Ibaraki
Nacionalidade Xapón
Alma máter Universidade de Mulleres do Xapón
Ocupación arquitecto
Premios Premio Pritzker, Rolf Schock Prize in Visual Arts, Medal with Purple Ribbon e Berliner Kunstpreis
editar datos en Wikidata ]
Kazuyo Sejima.
Comisaría de policía na estación de Choju.
Apartamentos Kitagata.

Kazuyo Sejima (妹島 和世, せじま かずよ), nada na Prefectura de Ibaraki en 1956, é unha arquitecta xaponesa. En 1995 fundou canda a Ryue Nishizawa a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados). Ademais de SANAA, Sejima e Nishizawa levan a cabo estudos independentes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto ao seu compañeiro, Ryue Nishizawa, foi galardoada co Premio Pritzker.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduada en Arquitectura no 1981 pola Universidade de Mulleres do Xapón, comeza a colaborar na firma Toyo & Associates nese mesmo ano. Seis anos despois, no 1987, empeza a súa carreira en solitario co Estudo que leva o seu nome, Kazuyo Sejima & Associates. Será no 1992 cando a nomeen nova arquitecta do ano no Xapón. Dende o 2000 foi profesora invitada en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward, da Escola Politécnica Federal de Lausana (Suíza e da Universidade de Princeton (EE. UU.. Dende o 2001 é profesora da Universidade de Keio, Tokyo.

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1988. Premio Kazuma, revista SD 1988 (Platforma I & II).
  • 1989. Premio Especial de Arquitectura Residencial da Asociación de Arquitectos de Tokio (Platform I).
  • 1989. Premio Yoshizaka, Japan Architect (Platforma I).
  • 1992. Arquitecto Novo do Ano, Instituto de Arquitectos do Xapón (Residencia Femenina Saishunkan Seiyaku).
  • 1994. Premio '94 ao Deseño de Espazos Comerciais (Pachinko Parlor I & II).
  • 1994. Casa no Bosque recibe o Premio á Obra de Arquitectura do ano '94 .
  • 2010. Premio Pritzker.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]