Ryō Mizuno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRyō Mizuno

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 水野良 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Osaca, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Ritsumeikan Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0594686 Twitter: ryou_mizuno Musicbrainz: 2c00646a-a923-4811-8457-bf3722d5890a Editar o valor em Wikidata

Ryō Mizuno (xaponés: 良水野), pseudónimo de Takeshi Enomoto (xaponés: 武士榎本), nado o 13 de xullo do 1963, é un escritor e deseñador de xogos xaponés.[1][2][3][4] É recoñecido como creador da franquía Rōdosu-tō senki.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ryō Mizuno naceu en Osaca no 1963, o máis novo de tres irmáns. Licenciouse en Dereito pola Universidade Ritsumeikan. Durante esta época, comezou a interesarse polos xogos de rol, e formou un grupo de rol chamado Shintakkusu erā (シンタックスエラー, lit. "Erro de sintaxe"), xunto con Hiroshi Yamamoto. Participou na creación da empresa グループSNE ("Grupo SNE"), que se dedica ao deseño de xogos de rol.[4]

Fixo o seu debut como novelista con Rōdosu-tō senki: haiiro no majo ロードス島戦記:灰色の魔女 ("Crónicas da guerra de Lodoss: a bruxa gris", 1988), que se publicou por entregas na revista Conputīku コンプチーク. Este libro converteuse nun éxito de vendas, acadando máis dun millón de copias. Está considerado un dos principais impulsores da fantasía no eido das novelas lixeras.

Todas as obras da franquía Rōdosu-tō senki están ambientadas no mundo de Forcelia, creado por Mizuno para os xogos de SNE.[5] Conta cun gran seguemento no Xapón, onde as novelas da saga levan vendidos máis de 10 millóns de exemplares, a data de 2017.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ledoux, Trish; Ranney, Doug (1997). The Complete Anime Guide: Japanese Animation Film Directory & Resource Guide (en inglés). Tiger Mountain Press. ISBN 978-0-9649542-5-0. 
  2. 2,0 2,1 "Lodoss Online Game's Global Rights Licensed by GameOn". Anime News Network (en inglés). 2024-03-17. Consultado o 2024-03-17. 
  3. 3,0 3,1 Camp, Brian; Davis, Julie (2007). Anime Classics Zettai!: 100 Must-See Japanese Animation Masterpieces (en inglés). Stone Bridge Press. ISBN 978-1-933330-22-8. 
  4. 4,0 4,1 "第14期定時株主総会招集ご通知" (PDF) (en xaponés). Consultado o 17-03-2024. 
  5. Mizuno, Ryō (1988). Rōdosu-tō senki: haiiro no majo ロードス島戦記: 灰色の魔女 (en xaponés). Kadokawa Sneaker Bunko. ISBN 978-4044604011. 
  6. """Record of Lodoss War" to Get Stage Play Adaptation in January 2017". www.crunchyroll.com (en inglés). Consultado o 2024-03-17.