Saltar ao contido

RuneScape

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

RuneScape
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de fantasía, MMORPG e videoxogo multixogador masivo en liña Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticiouniverso de RuneScape Editar o valor en Wikidata
Publicación
Data publicación
  • 4 de xaneiro de 2001
  • 1 de xullo de 2013 Editar o valor en Wikidata
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EditorialJagex Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aJagex, Steam e Google Play Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndistribución dixital e descarga dixital Editar o valor en Wikidata
Datas
Data de creaciónxaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Número de
Parte da serieRuneScape Editar o valor en Wikidata
Obra derivada
Videoxogo
DesenvolvedorJagex Editar o valor en Wikidata
PlataformaPlataforma Java (pt) Traducir, máquina virtual Java, Android, Microsoft Windows e macOS Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo multixogador Editar o valor en Wikidata
MotorRuneTek (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBrunescape.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt3171842 Youtube: UCGpr8LIrdwrEak3GuZLQPwg Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

RuneScape é un videoxogo de rol multixogador masivo en liña de fantasía, lanzado por Jagex Limited en xaneiro de 1999. Foi orixinalmente un videoxogo de navegador programado en linguaxe Java, pero foi substituído en gran parte por un cliente C++ autónomo en 2016. O xogo tivo máis de 300 millóns de contas rexistradas e foi recoñecido polo Guinness World Records como o videoxogo de rol masivo gratuíto máis grande.[1]

DeviousMUD, o precursor de RuneScape, foi creado en 1998 por Andrew Gower. O xogo, que nunca foi lanzado ao público, utilizaba gráficos isométricos bastantes pobres. En 1999, Gower traballou nunha reescritura completa do xogo coa axuda do seu irmán, Paul Gower. A visión isométrica foi substituída por unha mestura de sprites tridimensionais en dúas dimensións. O xogo, retitulado RuneScape, foi lanzado ao público como versión beta o 4 de xaneiro do 2001 e funcionaba orixinalmente dende a casa de seus pais en Nottingham. En decembro de 2001, os irmáns Gower formaron Jagex para asumir o control dos aspectos do negocio de RuneScape.

O 27 de febreiro de 2002 aparece o servizo de pago, con características adicionais, incluíndo novas áreas, buscas e artigos.

Características

[editar | editar a fonte]

Ofrece dúas opcións de xogo: Pay To Play ("P2P" ou "pagar para xogar") ou Free To Play ("F2P" ou "gratis para xogar"). Ao estar programado en Java, RuneScape non necesita instalación e pode accederse a el dende o sitio oficial.

Como moitos MMORPG, non ten unha historia lineal. Os xogadores na pantalla son avatares personalizables, coas súas propias metas e obxectivos. RuneScape ten dúas variantes, en calidade baixa e en alta calidade, as cales dependen da velocidade de conexión do usuario e da memoria RAM do equipo. Anunciouse que no futuro se disporá dunha versión acelerada por hardware, con gráficos moi mellorados en comparación aos actuais, incluíndo sombras dinámicas, efectos de iluminación, texturas de alta calidade e máis. Dita versión seguirá sendo browser based, é dicir, non se necesitará descargar nada ao PC.

As personaxes son sempre humanas, mais os xogadores poden elixir o seu xénero e aspecto dunha variedade de peiteados e cores, tipos de corpo, face etc.

O combate en RuneScape é en tempo real (é dicir, non é por veces) e ofrece diversas estratexias. A velocidade de ataque depende do tipo de arma que se use. Por exemplo unha espada é máis rápida que un brosa de combate. En RuneScape pódese combater tanto contra personaxes controlados por unha persoa de calquera parte do mundo ou contra personaxes controlados polo xogo (NPC's en inglés) por motivos de entretemento ou para conseguir novas riquezas e experiencia.

RuneScape dános a opción de combater por diversos medios:

  • Combate corpo a corpo (melee): Este é o estilo máis usado, sobre todo polos principiantes polo seu baixo custo, ao non usar consumibles. Neste estilo normalmente utilízase unha arma ou simplemente o puño.
  • Combate a distancia (ranged): Este estilo utiliza normalmente un arco con frechas ou bésta con setas. Tamén están dispoñibles para membros os dardos, coitelos, brosas que se poden lanzar e xavelinas, ademais dalgúns dos arcos máis poderosos do xogo.
  • Combate con maxia (magic): Neste combate utilízanse runas para poder lanzar os feitizos. Opcionalmente un xogador pode usar túnicas de tea para obter unha bonificación de poder, e un cetro, que pode servir como fonte infinita das runas se corresponde a algún dos catro elementos básicos e á vez outorgar unha bonificación de poder. Ademais, a maioría dos cetros (staff) posúen a opción de auto casteo de certos feitizos.

En Runescape existen 3 tipos de maxia:

  • Maxia Moderna: Estes son os meigallos máis comúns. Existen os de auga, aire, terra e lume, de nivel básico, baixo, mediano e alto. Tamén conta con feitizos de teletransportación, que permite teletransportarse a outras áreas do xogo. Existen dous tipos de meigallos modernos: os de combate e os pasivos. Os de combate fan dano ou axúdanche no combate (por exemplo, penalizando ao opoñente nalgún skills), mentres que os pasivos permiten crear obxectos (como xoiaría ou setas encantadas), transformar obxectos en ouro (low e high alchemy) etc.
  1. Marc, Saltzman (2012). "Five things you didn't know about 'RuneScape'". USAToday. Arquivado dende o orixinal o 2013.