Ruído

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os tapóns para os oídos poden ser utilizados para protexer os oídos de ruídos de alta intensidade.

O ruído é a sensación auditiva inarticulada xeralmente desagradable. No medio ambiente, defínese como todo o molesto para o oído ou, máis exactamente, como todo son non desexado. Desde ese punto de vista, a máis excelsa música pode ser cualificada como ruído por aquela persoa que en certo momento non desexe ouvila.

No ámbito da comunicación sonora, defínese como ruído todo son non desexado que interfire na comunicación entre as persoas ou nas súas actividades.

Cando se utiliza a expresión ruído como sinónimo de contaminación acústica, está a facerse referencia a un ruído (son), cunha intensidade alta (ou unha suma de intensidades), que pode resultar mesmo prexudicial para a saúde humana. Contra o ruído excesivo úsanse tapóns para os oídos e orelleiras (cascos para as orellas, os cales conteñen unha electrónica que diminúe os ruídos exteriores, diminuíndoos ou facendo que a súa audición sexa máis agradable), para así evitar a perda de audición (que, se non se controla, pode provocar a xordeira).

Efectos na saúde[editar | editar a fonte]

Ruído Noise 041113GFDL.JPG

Algúns efectos do ruído sobre a saúde son:[1]

  • Enfermidades fisiolóxicas: pódense producir no traballo ou ambientes sonoros ao redor dos 100 decibeis, algunhas tan importantes como a perda parcial ou total da audición.
  • Enfermidades psíquicas: producidas por exceso de ruído, pódense citar o estrés, as alteracións do soño, diminución da atención, depresión, falta de rendemento ou agresividade.
  • Enfermidades sociolóxicas: alteracións na comunicación, o rendemento etc.
  • Enfermidades patolóxicas: alteracións no metabolismo.
  • Enfermidades musculares: alteracións nos músculos.

O estudo do ruído, a vibración e a severidade nun sistema denomínase NVH. Estes estudos van orientados a medir e modificar os parámetros que lle dan nome e que se dan en vehículos a motor, de forma máis detallada, en coches e camións.

Pola contra, os ruídos son tamén sons simples ou complexos pero inharmónicos e de moi alta intensidade, que xeran intolerancia ou dor ao oído e unha sensación de despracer ao individuo.

Límites[editar | editar a fonte]

Ruído branco ou son branco.

As contornas con máis de 65 decibeis (dB) considéranse inaceptables.

En España, os ciclomotores non poden superar en máis de 4 dB o nivel de emisión sonora da súa ficha de homologación.

Por baixo de 80 dB o oído humano non presenta alteracións definitivas. Estes niveis xeran molestias pasaxeiras denominadas fatiga auditiva, onde o oído interno non sofre problemas definitivos. Cando a intensidade supera os 90 dB comezan a aparecer lesións irreversibles canto maior sexa a exposición e a susceptibilidade persoal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]