Música noise é un termo usado para describir distintas variedades da música de vangarda que adoitan a usar elementos coma cacofonía, disonancia, atonalidade, ruído, indeterminación e repetición na súa realización. A música noise pode contar con distorsión, varios tipos de ruídos xerados acustica ou electronicamente, sinais electrónicas producidas ao chou e instrumentos non tradicionais. A música noise tamén incorpora gravacións manipuladas, estática, asubíos e zunidos, retroalimentación, sons de máquinas, software con sons personalizados, instrumentos con circuitería creada a propósito, e elementos vocais non musicais que impulsan o ruído ata a éxtase.