Valeria Mazza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valeria Mazza
Valeria Mazza (48520803877).jpg
Nacemento17 de febreiro de 1972
Lugar de nacementoRosario
NacionalidadeArxentina
Relixióncatolicismo
Ocupaciónempresaria e modelo
Na rede
http://valeriamazza.com.ar
IMDB: nm0563469 TV.com: people/valeria-mazza Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Valeria Raquel Mazza, nada en Rosario o 17 de febreiro de 1972, é unha supermodelo e empresaria arxentina. Mazza acadou o éxito na década de 1990 e converteuse nun nome coñecido despois de aparecer na portada do número de baño de Sports Illustrated de 1996 xunto con Tyra Banks. Mazza traballou con deseñadores como Gianni Versace e Roberto Cavalli.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mazza naceu en Rosario, na provincia de Santa Fe, filla de Raúl Mariano Mazza Ceriani e Mónica Ferreira, e foi criada en Paraná, Entre Ríos. A súa carreira comezou aos catorce anos[1] cando foi descuberta por Roberto Giordano e aos dezaseta anos marchou a Buenos Aires para estudar terapia ocupacional.[2] Ao longo da súa carreira desfilou para as marcas internacionais máis importantes: Valentino, Armani, Fendi, Dolce & Gabbana, Versace, Victoria's Secret, Christian Dior, Tommy Hilfiger, Ralph Lauren, Gianfranco Ferré, Donna Karan ou Cavalli entre outras.

Mazza traballou tamén como actriz, presentadora de televisión e embaixadora de marca.[3][4] Como empresaria creou a liña de perfumes VM Beauty, a súa propia revista Valeria Mag e creou unha compañía de lentes (Valeria Mazza Eyewear) e unha produtora.[5][6] Ademais promoveu causas humanitarias, destacando o seu traballo con Special Olympics, UNICEF e a unidade de pediatría do Hospital Universitario Austral de Pilar, Buenos Aires.[7]

Mazza continuou a ser unha figura da moda latinoamericana,[3][8] e foi considerada a modelo máis importante da historia da Arxentina.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 9 de maio de 1998, Mazza casou co empresario Alejandro Gravier na Basílica do Santísimo Sacramento en Retiro, Buenos Aires; a recepción da voda tivo lugar no Hipódromo Argentino de Palermo con 1500 convidados.[10] A parella tivo catro fillos: Balthazar (n. 1999),[10] Tiziano (n. 2002),[11][12] Benicio (n. 2005),[13] e Taína (n. 2008).[14] Residen en Buenos Aires.[15] A parella é a dona de Finca Valeria, unha propiedade vacacional en La Barra, preto de Punta del Este, Uruguai, onde cada verán celebran unha importante festa con convidados famosos.[16]

En 2008, ela e o seu marido estiveron baixo investigación pola Administración Federal de Ingresos Públicos por suposta evasión de impostos por valor de dous millóns de dólares.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salinas, Patricia (16 de setembro de 2010). "Valeria Mazza: "Soy Mucho Más de lo que pueden ver"". Caretas (2147). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2022. 
  2. Lerer, Diego (20 d febreiro de 2011). "Valeria Mazza: veinteañera". Clarín. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Pajares, Diego (20 de outubro de 2013). "Valeria Mazza: "Me gustaría conducir un 'reality'"". El Comercio. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  4. Errázuriz L., María José (28 de marzo de 2013). "Valeria Mazza: La top model invita a las mujeres a envejecer con dignidad". Emol. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  5. "Valeria Mazza presentó su perfume con un sensual video". Infobae.com. 4 de outubro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  6. "Registran la productora de la modelo Valeria Mazza por presunta estafa". El País. 13 de setembro de 2013. Consultado o 8 denovembro de 2013. 
  7. Cortázar, Beatriz (3 de xullo de 2013). "Valeria Mazza: "Mi primer amor es la solidaridad infantil"". ABC. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  8. Monroy, Erika (4 de novembro de 2013). "Valeria Mazza revela sus secretos para estar a la moda". El Universal. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  9. Ventura, Any (16 de novembro de 2006). "Simplemente Valeria". La Nación. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  10. 10,0 10,1 "Valeria Mazza, flamante mamá". Clarín. 30 de maio de 1999. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  11. "Así es Tiziano, hijo de Valeria Mazza: campeón de esquí, futuro empresario y modelo ocasional". Vanity Fair España (en castelán). 2022-02-21. Consultado o 2022-02-21. 
  12. Teen, Vanity (2021-11-25). "Tiziano Gravier: When Ski Becomes A Metaphor For Life Vanity Teen 虚荣青年 Lifestyle & New Faces Magazine". www.vanityteen.com (en inglés). Consultado o 2022-02-21. 
  13. "Valeria Mazza mostró cómo esquía su hijo Benicio Gravier en Francia: "Día de entrenamiento"". Revista Para Ti (en castelán). Consultado o 2022-02-21. 
  14. "The life of Taína Gravier, Valeria Mazza’s daughter, takes an unexpected turn – Para Ti Magazine - OI Canadian" (en inglés). 2021-11-18. Consultado o 2022-02-21. 
  15. "Valeria Mazza en Chile: Conoce más a fondo a la supermodelo". Terra Chile. Terra Networks. 15 de marzo de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  16. "Valeria Mazza y Alejandro Gravier, anfitriones de la fiesta más esperada". La Nación. 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2013. 
  17. "Argentine top model accused of evading 2 million USD in taxes". MercoPress - South Atlantic News Agency. 3 de novembro de 2008. Consultado o 5 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]