Rosana Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosana Pérez
Nacemento21 de decembro de 1964
 A Pobra do Caramiñal
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]
Rosana Pérez Fernández na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017.

Rosana Pérez Fernández, nada na Pobra do Caramiñal o 21 de decembro de 1964, é unha funcionaria e política galega, do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seguiu estudos de formación profesional administrativa, e aprobou unhas oposicións para a Xunta de Galicia, onde obtivo a praza de secretaria de instituto en Ribeira. Afiliada ao BNG dende 1983, foi elixida concelleira na Pobra en 1995, concellería que mantivo durante 18 anos, sempre na oposición. Dende 1999 foi voceira municipal dos nacionalistas e en 2007 foi seleccionada pola súa formación política para ocupar un escano na Deputación da Coruña.

Membro da UPG, o partido comunista que compón o BNG, formou parte da executiva da fronte nacionalista dende 2006. En 2011 presentouse de número 2 na candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados, nas eleccións xerais. Non obtivo escano, pero a dimisión do cabeza de lista Francisco Jorquera un ano máis tarde, para optar á presidencia da Xunta, levouna ao Congreso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]