Ropalidia romandi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ropalidia romandi é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, tribo dos ropalidiinos, unha das numerosas integradas no xénero Ropalidia.

Taxonomia[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1841 polo entomólogo francés Élie Jean François Le Guillou.[1][2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, romandi, é unha homaxe que Le Grillou lle dedicou a Gustave de Romand, barón de Romand, unha destacada figura política francesa e entomólogo afeccionado.[Cómpre referencia]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Dentro da especie reoñécense dúas subespecies:[1][3]

  • Ropalidia romandi cabeti (de Saussure)
  • Ropalidia romandi romandi (Le Guillou, 1841)

Filoxenia e distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Ropalidia romandi, nomeada por primeira vez por Élie Jean François Le Guillou en 1841,[4] é un membro da subfamilia dos polistinos, e tribo dos ropalidiinos.

Ropalidia é o único xénero dos polistinos que contén especies de fundación independente, é dicir, fundadas por só unha ou poucas femias fértiles.[5]

As especies fundadoras de enxames dentro de Ropalidia deberon evolucionar independentemente das especies fundadoras de enxames doutros xéneros dos polistinos.[6]

Este xénero distribúese por Oceanía e o Vello Mundo,[5] e engloba aproximadamente 180 especies.[7] Ela e os outros tres xéneros de polistinos do Vello Mundo forman un grupo monofilético.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ropalidia romandi (Guill., 1841) no GBIF. Consultado o 29 de xullo de 2021.
  2. Ropalidia romandi (Le Guillou, 1841) en BioLib.
  3. Richards, O. W. (1978): "The Australian Social Wasps (Hymenoptera: Vespidae)". Australian Journal of Zoology: Supplementary Series 61: 1-132.
  4. Wild, Clyde H., Hall, Casey R. (2010): "Multiple stylopisation of a paper wasp, Ropalidia romandi (Le Guillou) (Hymenoptera: Vespidae)". Australian Entomologist 37 (3): 113-114.
  5. 5,0 5,1 Yamane, Soichi & Ito, Yosiaki (1994): "Nest architecture of the Australian paper wasp Ropalidia romandi cabeti, with a note on its developmental process (Hymenoptera: Vespidae)". Psyche 101 (3–4): 145–158.
  6. Kojima, Jun-ichi (1994): "Behavior during artificially induced swarm emigration in an old world polistine wasp, Ropalidia romandi (Hymenoptera: Vespidae)". Journal of Ethology 12 (1): 1–8.
  7. 7,0 7,1 Fukuda, Hirokazu et al. (2003): "Colony specific morphological caste differences in an Old World, swarm-founding polistine, Ropalidia romandi (Hymenoptera: Vespidae)". Entomological Science 6 (1): 37–47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos[editar | editar a fonte]