Romualdo II de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRomualdo II de Benevento

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor em Wikidata
Morte732 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Benevento (en) Traducir (706–732) Editar o valor em Wikidata
FamiliaGausos Editar o valor em Wikidata
FillosXisulfo II de Benevento Editar o valor em Wikidata
PaisXisulfo I de Benevento Editar o valor em Wikidata  e Winiberga (?) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Di_Friuli-10

Romualdo II o Novo, finado en 732[1], foi o fillo de Xisulfo I e Winiperga. Sucedeuno como duque de Benevento á súa morte, que aparece datada diferentemente segundo as fontes 698, 706, ou 707.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo Paulo Diácono, Xisulfo reinou dezasete anos, cousa que implicaría que morreu no 698, pero Paulo tamén fai mención de accións que parece que acaeceron certamente sobre o 705. Dálle a Romualdo un reinado de 26 anos, o que sitúa a súa morte en 724, 731, ou 732.

Romualdo entrou en conflito tanto co Ducado de Spoleto como co Ducado de Nápoles durante o seu longo reinado. O conflito con este último levouno a un enfrontamento co papado tamén. Tomoulle o remoto castelo de Cumas a Xoán I de Nápoles en 716 e ignorou as peticións do papa Gregorio II e as súas ofertas de compensacións se o restituía. En 717, o papa apoiou a expedición de Xoán que venceu definitivamente o exército do seu gastaldo e desprazou aos seus homes de Cumas.

Moeda longobarda (sólido) cuñada a nome de Romualdo II de Benevento

Romualdo casou dúas veces: primeiro con Guntberga (ou Gumperga), filla de Aurona, irmá do rei Liutprando e despois con Ranigunda, filla do Duque Gaidualdo de Brescia. Sucedeuno o fillo que tivo con Gumperga, Xisulfo II, pero era menor de idade e foi desprazado polo usurpador Adelais, aínda que se lle perdoou a vida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 724 no Lexikon.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ducado de Benevento

Segue a:
Xisulfo I de Benevento
Romualdo II de Benevento
Precede a:
Adelais de Benevento
-