Gausos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os gausos foron unha dinastía que reinou sobre os longobardos a mediados do século VI, extinguida despois de só dous reis.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O nome da dinastía deriva do pobo dos godos, en canto que naceu do matrimonio entre Audoíno e Rodelinda, filla de Ermanafrido, último rei dos turinxios, e de Amalaberga, á súa vez filla de Amalafrida, consorte de Trasamundo rei dos vándalos e irmá de Teodorico o Grande rei dos godos[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Identificados por algúns, sen confirmación histórica, cunha liñaxe dos godos, os gausos foron unha estirpe proveniente do pobo dos longobardos. A súa ascensión ao trono sae dunha usurpación: a perpetrada en 547 por Audoíno en contra da liñaxe lexítima, a dos letingos. O cambio non tivo lugar por medio dun rexicidio (semella que o derradeiro dos letingos, Valtari, morreu aínda novo por causas naturais), senón por unha especie de traspaso de poderes cara a aquel que no ascenso ao trono de Valtari, menor de idade, exercitara a rexencia.

A subida ao trono de Audoíno lesionou os dereitos doutros letingos, aínda vivos, pero non impediu ao novo soberano impoñer unha nova dinastía. Coa morte do fillo e sucesor de Audoíno, Alboíno, no 572, a dinastía extinguiuse, xa que Alboíno non tiña herdeiros varóns (perdeuse a pista dunha filla súa que levaron prisioneira primeiro a Rávena e despois a Constantinopla, Alpsuínda). Como sucesor escolleron a Cleph da estirpe dos beleos.

Os dous soberanos gausos foron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tirado de: Wolfram, Herwig (1979). C.H. Beck'she Verlagsbuchhandlung, ed. GESHICHTE DER GOTEN. p. 650. ISBN 88-85026-70-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002)
  • Sergio Rovagnati, I Longobardi (Milano, Xenia 2003)
  • Herwig Wolfram, Geschichte der Goten (C.H. Beck'she Verlagsbuchhandlung, Múnic 1979)

Outros artigos[editar | editar a fonte]