Xisulfo II de Benevento
Xisulfo II de Benevento | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século VIIxuliano |
Falecemento | 751 |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Romualdo II de Benevento |
Cónxuxe | Scauniperga |
Fillos | Liutprando de Benevento |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xisulfo II (morto entre o 749 e o 753) foi o terceiro e último duque de Benevento antes da caída do reino longobardo.
traxectoria[editar | editar a fonte]
Gobernou a partir do ano 743, cando o rei Liutprando baixou á Italia meridional e eliminou a Godescalco de Benevento, ata a súa morte dez anos despois.
Xisulfo foi o fillo de Romualdo II de Benevento e Gumperga, filla de Aurona, irmá de Liutprando. Como parente do rei, foi apoiado polo poder real, pero ao ser menor de idade, cando morreu o seu pai, Adelais de Benevento logrou usurpar o ducado. Liutprando retirou a Adelais e, colocando a outro sobriño, Gregorio de Benevento no trono, levándose a Xisulfo de volta consigo para que medrase no palacio real de Pavia.
O ano 744, Xisulfo fixo unha doazón de terras á abadía de Montecassino a cal se había converter na base da Terra Sancti Benedicti.
As xentes do Benevento (ou Samnitas) permaneceron fieis a Xisulfo e a dinastía do seu pai porén, e cando, trala morte de Gregorio, Godescalco usurpou o trono ducal, a xente alzouse e asasinouno, permitindo que Liutprando colocase ao xa adulto Xisulfo no poder.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lexikon des Mittelalters: Gisulf II. Herzog von Benevent (741-749).
- Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Dispoñíbel en Northvegr.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Godescalco de Benevento |
Xisulfo II de Benevento | Precede a: Liutprando de Benevento |
- |