Xisulfo I de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xisulfo I, finado en 706[1], foi o duque de Benevento desde 680, cando o seu irmán Grimoaldo morreu. O seu pai foi Romualdo I. A súa nai foi Theodrada (ou Theuderata), filla de Lopo de Friúl, e ostentou a rexencia no seu lugar nos primeiros anos do seu reinado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo Paulo Diácono, foi durante o seu reinado cando as reliquias de San Bieito de Nursia e Santa Escolástica a súa irmá foron levadas de Monte Cassino polos francos.

Sobre 705, Xisulfo tomou as cidades de Sora, Arpino, e Arce. Chegou ata Horrea[2], saqueando e queimando, antes de que lle amosasen regalos dos embaixadores do papa Xoán VI, quen rescatou moitos dos seus prisioneiros e o conduciron a volver de onde viñera aos seus propios dominios.

Foi un duque poderoso, como o seu pai e o seu avó. Loitou contra o papa, o rei e os bizantinos. Casou con Winiperga e sucedeuno o seu fillo Romualdo II.

Ducado de Benevento

Segue a:
Grimoaldo II de Benevento
Xisulfo I de Benevento
Precede a:
Romualdo II de Benevento
-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quizais 707. O Lexikon dá como data da súa morte o 698, cousa que concorda coa afirmación de Paulo Diácono sobre un reinado de dezasete anos, pero contradí claramente referencias a actos que tiveron lugar durante o pontificado de Xoán VI sobre o 705.
  2. Paulo Diácono, Capítulo XXVII. Identificada como Puteoli ou unha localización no quinto miliario da Vía Latina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]