Roland Garros
- Este artigo trata sobre o aviador, para o artigo sobre o aberto de tenis véxase Torneo de Roland Garros.
| Biografía | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (fr) Eugène Adrien Roland Chacon Georges Garros 6 de outubro de 1888 Saint-Denis, Francia | ||||
| Morte | 5 de outubro de 1918 Vouziers, Francia | ||||
| Causa da morte | morte en combate | ||||
| Lugar de sepultura | Vouziers | ||||
| Educación | HEC Paris Collège Stanislas (París) Lycée Janson de Sailly | ||||
| Actividade | |||||
| Ocupación | aviador, xogador de rugby, militar | ||||
| Membro de | |||||
| Carreira militar | |||||
| Rama militar | Forças Armadas Francesas (pt) | ||||
| Rango militar | poruchik | ||||
| Conflito | Primeira Guerra Mundial | ||||
| Nacionalidade deportiva | Escocia | ||||
| Deporte | tenis | ||||
| |||||
| Premios | |||||
Roland Garros, nado en Saint-Denis, Reunión, o 6 de outubro de 1888 e finado en Ardenas o 5 de outubro de 1918, foi un piloto francés, pioneiro da aviación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 23 de setembro de 1913 logrou efectuar a primeira travesía a través do mar Mediterráneo a bordo dun Morane-Saulnier. Tardou 5 horas e 53 minutos, malia que o motor sufriu unha avaría en Córsega. Quedábanlle 5 litros de gasolina cando aterrou en Bizerte. Durante a primeira guerra mundial foi piloto militar aéreo, conseguindo cinco vitorias.
Creou un sistema para disparar as metralladoras a través da hélice do avión, aínda que non implicaba sincronismo: simplemente as pas da hélice recubríanse cunha placa metálica que as blindaba. Derribado polos alemáns, foi apresado sen poder destruír o seu avión. O seu sistema foi axiña estudado e mellorado por Anthony Fokker, que decidiu sincronizar o disparo das metralladoras co paso das pas da hélice.
Morte e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Logrou fuxir, volvendo ó seu lugar na fronte. Pero nun combate aéreo o 5 de outubro de 1918 foi derribado nas Ardenas, preto de Vouziers. Membro do Stade Français e xogador afeccionado de tenis, tivo a honra póstumo de dar nome ó estadio parisiense e ó torneo de tenis que se celebra cada ano en París.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roland Garros |