Roger de Flor (músico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoger de Flor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Limodre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Rogelio Arias Sanmartín, nado en Limodre (Fene) en 1977, é un músico, cantante, compositor e produtor galego, coñecido artisticamente como Roger de Flor. A súa obra encádrase dentro dunha nova fornada de creadores galegos do s. XXI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Solitario[editar | editar a fonte]

Logo de participar en múltiples proxectos musicais, entre os que destacan a participación no grupo de rock'n'roll ferrolán Bang 74, ou o dúo La Sociedad Protectora del Hombre Mono, onde homenaxea xunto a Cris Veiga o repertorio do grupo de culto británico The Kinks, comeza a súa andaina en solitario co nome de Roger de Flor a comezos de 2007 coa presentación da súa primeira maqueta Canciones de amor y tranca.

Percorreu boa parte de Galicia presentando o seu traballo, con boa acollida de crítica e público, para logo retirarse temporalmente dos directos e centrarse na composición e posterior gravación de novas creacións incluídas no disco Naturalidad Silvestre (Felipop Discos, 2009), no que se poden atopar estilos como o swing, pop, country e balada, sempre co toque persoal e humorístico que imprime nas súas cancións, que beben de influencias como Rodrigo García, Ray Davies, Monty Python ou Vainica Doble. Este disco levaríao a percorrer as capitais galegas, ademais de Portugal, Madrid, Euskadi, León etc.

Ao longo de 2010 leva a cabo a xira de presentación do documental Roger de Flor: Naturalidad Silvestre, dirixido por Carlos Alberto Alonso, que protagoniza xunto a outros artistas do panorama musical galego, como Magín Blanco, O Neno Elliot e O Marqués das Vinhas, no que coa escusa de facer un seguimento da xira do seu último disco tenta analizar e dar a coñecer a situación actual de tantos artistas de locais de pequena capacidade de público en Galicia e profundar nas súas creacións como creador bohemio, autodidacta e independente.

Esta xira levouno a actuar en varios festivais de cine como o Festival de Cine Internacional de Ourense e o Festival de Cans. Ademais, o traballo estivo nomeado aos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego (abril 2011).

En xuño do 2011 presentou o seu terceiro traballo discográfico titulado El mundo está loco, loco, loco..., que inclúe doce novas cancións, ademais da realización de dous videoclips promocionais: Voy a cambiar de vida e Non penso volver ver a televisión; encargado polo programa da TVG Xabarín Club para celebrar seu décimo oitavo aniversario. Con este último acadou o terceiro premio do concurso Correlingua, que trata de promocionar e difundir a música en galego.

Etapa cos Silvestres[editar | editar a fonte]

Integramente en galego foi o seguinte traballo discográfico, desta vez acompañado pola banda Os Silvestres, composta polo guitarrista Cabe García (Os Cempés, Mr. Dixie Jazz Band, Bellón Maceiras Quartet), o batería Sergio Galego (Huéspedes Felices, Cosmonautas Rusos), o contrabaixista Óscar Painceiras (Os Cempés, Los Tigres del Cañotas) e o charanguista e trobador galaico-portugués O Marqués das Vinhas. Xuntos presentaron no ano 2013 o seu disco Roger de Flor presenta a: Os Silvestres, conformado con cancións do propio De Flor e dos demais compoñentes da banda, ademais de adaptacións ao galego de clásicos universais como Mellow Yellow (Donovan) ou Dedicated follower of fashion (The Kinks). A canción Hai un lugar no norte (composta a medias entre Roger, o grupo portugués Os Azeitonas e o chamado "sexto silvestre", o xornalista Nicolás Vidal, habitual colaborador do grupo) foi a elixida para promocionar o novo traballo discográfico cun novo videoclip, desta vez gravado na liña ferroviaria do cantábrico.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Canciones de amor y retranca (2006)
  • Naturalidad Silvestre (2009)
  • El mundo está loco, loco, loco... (2011)
  • Roger de Flor presenta a: Os Silvesetres (2013)
  • Apelón (2016)

Videoclips[editar | editar a fonte]

  • Una desconocida más (2008)
  • Os dous amigos (2009)
  • ¡Cuánto hay que aguantar! (2009)
  • Días monótonos (2010)
  • En una isla (2011)
  • Voy a cambiar de vida (2011)
  • Non penso volver ver a televisión (2012)
  • ¿Quién es el siguiente en la cola? (2012)
  • Hai un lugar no norte (2013)
  • Ferrol Vello (2015)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]