Saltar ao contido

Roger Montañola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoger Montañola

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Cataluña
24 de abril de 2013 – 8 de abril de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 2 de outubro de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Secretario Xeral Unió de Joves
2009 – 19 de outubro de 2014 – Borja Cerdà Dalmau →
Concelleiro de Premià de Mar
2007 – 2011 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - posgrao (2010–2011)
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, politicólogo, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLliures (2017–2022)
Unió Democràtica de Catalunya (2009–2016) Editar o valor en Wikidata

Twitter: roger_mont Editar o valor en Wikidata

Roger Montañola i Busquets, nado en Barcelona o 29 de marzo de 1986,[1] é un político catalán, deputado no Parlamento de Cataluña nas IX e X lexislaturas. Foi membro de Unió Democràtica de Catalunya (UDC) e Unió de Joves e posteriormente de Lliures.[2] No ano 2023 presentouse como cabeza da lista independente de Espai Ciu, a marca do Partit Demòcrata Europeu Català nas eleccións xerais españolas.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse en Premià de Dalt, fillo dun médico e unha profesora, nun ambiente de clase media catalá. Estudou nunha escola concertada laica.[4]

É licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Pompeu Fabra,[5] cun posgrao na Universidade Autónoma de Barcelona.[6] De mozo comezou a traballar na discoteca Set59, propiedade de Josep Sánchez i Llibre, quen o introduciu no mundo da política.[4]

Foi concelleiro no Concello de Premià de Mar entre 2007 e 2011.[7] Dende 2009 ocupou o cargo de Secretario Xeral de Unió da Joves.[8] Tamén formou parte da comisión permanente da UDC[9] e da Comisión Executiva Nacional de Convergència i Unió.[10]

Durante as lexislaturas IX e X da Cataluña autonómica, foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña en representación de Unió de Joves e Unió Democràtica, con 24 anos, sendo o deputado máis novo da Cámara.[11] En 2015 converteuse en voceiro de Unió no Parlamento de Cataluña.[12]

En 2016 deixou temporalmente a política, e en novembro do mesmo ano crea a consultora Observatori 2050, xunto a Xavier Cima, marido de Inés Arrimadas, que operaba baixo a marca Diplolicy. Entre os seus clientes destacados estaba Uber.[13][6] Posteriormente vendeu a empresa á consultora LLYC (Llorente i Cuenca), onde traballou alí entre 2020 e 2022.[14][15]

Durante este tempo foi un dos impulsores da asociación Twenty50, dende onde se impulsaron debates e encontros sociais e empresariais ata 2022. Tamén colaborou con diversos medios, como TVE, Radio Nacional de España, 8TV, Rac1 e TV3.[16]

En 2022 creou unha nova empresa, esta vez coa súa irmá (Busquets&Montañola).[4]

En 2023 o Pdcat fichouno como cabeza de lista nas eleccións xerais españolas por Barcelona, dende onde defendeu activamente a volta a unha política de peix al cove.[17]

No eido privado declárase un apaixonado da xeografía e xoga ao golf dende neno.[4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Diez Retos tecnológicos, sociales y políticos: una visión regulatoria con Ignasi Belda (2021)[18]
  1. Unió Democràtica de Catalunya (ed.). "Roger Montañola i Busquets". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. "Montañola trenca el carnet d'Unió per impulsar Lliures". El País. 2 de novembro de 2016. 
  3. Timtul (2023-06-18). "El PDeCAT començar a impulsar l’Espai CiU. Fitxa Roger Montañola com a cap de llista per a les eleccions estatals del 23-J" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hinojosa, Sílvia (14 de xullo de 2023). "Una ànima viatgera, al rescat del pactisme de CiU". La Vanguardia: 13. 
  5. Sallés, Quico (2 de outubro de 2012). Nació Digital, ed. "Montañola repetirà com a diputat d'Unió de Joves". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 Martín, Albert (2022-11-01). "Pas al costat de Roger Montañola a LLYC" (en catalán). Consultado o 2023-07-19. 
  7. Ariño, G. (20 de outubro de 2009). "El regidor de Premià de Mar Roger Montañola és escollit màxim representant polític d'Unió de Joves". El Punt (Premià de Mar). 
  8. "La Unió de Joves cumple 80 años con llamamientos a "huir del radicalismo"". ABC (en castelán) (EFE). 29 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro 2013. Consultado o 2 de novembro 2013.  Arquivado 11 de novembro 2013 en Wayback Machine.
  9. "Duran relega el sector sobiranista en la nova direcció d'Unió". Ara (EFE). 23 de xullo de 2012. 
  10. March, Oriol (23 de xullo de 2012). "Pelegrí: "Estem fent tot el possible perquè el PSC se sumi a l'acord pel pacte fiscal"". Ara. 
  11. Aguilar, Joaquim (2011-12-02). "Roger Muntañola fa una lectura molt positiva del seu primer any com a Diputat al Parlament" (en catalán). Consultado o 2023-07-07. 
  12. "Unió escull Roger Montañola com a portaveu del partit al Parlament". Ara. 23 de xuño de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2015. 
  13. "Uber fitxa la consultora de Montañola i Cima". Ara.cat. 
  14. Manté, Àlex Font (2020-01-20). "LLYC es reforça com a lobi empresarial amb el fitxatge de Roger Montañola" (en catalán). Consultado o 2023-07-19. 
  15. Martín, Albert (2022-11-01). "Pas al costat de Roger Montañola a LLYC" (en catalán). Consultado o 2023-07-19. 
  16. "Roger Montañola - Director Senior de Asuntos Públicos en LLYC Barcelona | IDEAS LLYC" (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 
  17. "Roger Montanyola, Espai CiU: 'Junts ha optat per una opció molt radical, la seva política té un punt de xou'" (en inglés). Consultado o 2023-07-07. 
  18. "Presentación Libro LLYC: “Diez Retos tecnológicos, sociales y políticos: una visión regulatoria”" (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]