Rodrigo de Triana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodrigo de Triana
Rodrigo de Triana
Representación de Rodrigo de Triana no Muelle das Carabelas.
Nacemento: c.1486/87
Sevilla, Andalucía Andalucía
Falecemento: descoñecida
África
Nacionalidade: española
Ocupación: marino

Rodrigo de Triana, nado en Sevilla en 1469, foi un mariñeiro andaluz de finais do século XV, acompañante de Cristovo Colón na súa primeira viaxe do descubrimento de América. Segundo a historiografía, gritou ¡¡terra!! cando avistou o que logo sería o Novo Mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escudo de armas local de Lepe, onde aparece o mariñeiro.

Existen dúbidas acerca do seu lugar de nacemento, aínda que si hai consenso acerca de que, durante a súa vida, estivese vinculado ao sevillano barrio de Triana. Dependendo da hipótese, tamén varía a crenza do seu verdadeiro nome. Crese que puido nacer en Los Molinos (Sevilla) e residise no barrio de Triana. Tamén se baralla que nacese en Coria del Río ou na localidade onubense de Lepe como apuntan outras versións (sendo esta a opción mais aceptada). Aínda que o único documento histórico do que se ten constancia é o diario de a bordo de Cristovo Colón (atópase no Arquivo de Indias, Sevilla).

Unha das hipóteses afirma que o seu nome era Juan Rodríguez Bermejo, fillo de Vicente Bermejo, un fidalgo (musulmán convertido o cristianismo) dedicado o comercio de olería, e de Sereni Betancour. Seu pai foi morto na fogueira por comerciar con xudeus namentres el facía a viaxe do descubrimento do Novo Mundo. Tamén foi martirizado e mais tarde morto o moro Mudarra (previamente instruíra na súa lingua árabe a Rodrigo de Triana), por intimar coa familia do navegante, a pesares de se converter xa ao cristianismo como mandaban as normas da época.

Estatua homenaxe en Sevilla
Estatua homenaxe en Sevilla

Outra das hipóteses é que se chamase Rodrigo Pérez de Acevedo. Os que sosteñen que este foi o seu nome, apoian a teoría de que naceu na localidade onubense de Lepe.

O autor Gonzalo Fernández de Oviedo, na súa obra Historia general y natural de las Indias, islas y tierra-firme del mar océano, afirma que este mariñeiro era natural de Lepe, aínda que residiu gran parte da súa vida en Triana, (Sevilla).

Foi o primeiro español que avistou o novo continente dende o seu posto de vixía na carabela La Pinta (barco que a volta, 1 de marzo 1493, faría a primeira arribada en Baiona, Pontevedra, despois da primeira viaxe a o Novo Mundo ). Este primeiro avistamento e narrado polo propio Almirante no diario da súa primeira viaxe recollido por Fray Bartolomé de las Casas. Así, o relatar os feitos ocorridos durante a madrugada do 12 de outubro de 1492, as 2:00 para ser mais preciso, escribiu Cristovo Colón:

"... Y porque la carabela Pinta era más velera e iba delante del Almirante, halló tierra y hizo las señas que el Almirante había mandado. Esta tierra vido primero un marinero que se decía Rodrigo de Triana...".

Rodrigo divisou unha pequena illa do arquipélago das Lucayas (Bahamas), coñecida polos indíxenas como Guanahaní, e Colón a rebautizou como San Salvador.

Dise que Cristovo Colón (outras fontes nomean a os Reis Católicos) prometeu unha recompensa dalgúns miles de marabedís ao primeiro que avistara terra (o seu afán era Cipango, actual Xapón), pero Rodrigo de Triana non percibiu nada, ou o percibido non se acercaba á recompensa prometida , debido a que Colón dixo vela el antes.

Rodrigo participou en outra expedición ás Molucas en 1525 xunto a García Jofre de Loaisa.

Acabou os seus días no norte de África reconvertido o islamismo facéndose pasar por fillo bastardo de Mudarra.

Un monumento levantado no barrio sevillano de Triana recorda e honra a su figura.Tamén se honra a súa figura na cidade de Lepe, onde unha urbanización, un colexio e unha das principais rúas do casco histórico da cidade homenaxean ao mariñeiro, ademais de aparecer no escudo da cidade no momento de divisar o novo mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • FERNÁNDEZ DE CASTILLEJO, Federico (1945). Rodrigo de Triana. Bos Aires (Arxentina). Editorial: Clydoc
  • ALONSO, Juan Ramón (2006). Rodrigo de Triana. Zaragoza. Editorial: Luis Vives. ISBN 84-263-5896-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]