Golfo de Urabá
Tipo | Golfo | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Caribe | |||
Localización | ||||
División administrativa | Colombia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Afluentes | ||||
O golfo de Urabá é a zona máis austral do mar Caribe localizado en Colombia. Ten unha área aproximada de 1800 km². Está contido dentro do golfo de Darién, é unha pequena lingua de mar que se estende ao sur, entre o cabo Caribaná e o cabo Tiburón na fronteira de Colombia e Panamá, e que inclúe as costas da cidade portuaria de Turbo. O delta do río Atrato esténdese cara ao golfo.[1]
A temperatura media é de 28 °C e dada varias condicións climáticas e xeolóxicas, entre elas os ventos que proceden do oeste, as cordilleiras de Baudó e Darién, e a enorme humidade relativa (entre 85 e 98%), nesta zona rexístranse as precipitacións pluviométricas maiores de todo o continente americano, cun rango de precipitación que supera por varios centos os 10 000 mm anuais.[1]
Ás súas beiras sitúanse as poboacións de Turbo, Necoclí e Acandí, e antigamente a cidade de Santa María la Antiga del Darién que foi o primeiro asentamento europeo en Colombia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Otero Álvarez, Mosquera Aguirre, Silva Castro e Guzmán Victoria (2002) Consultado o 19 de novembro de 2021
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Otero Álvarez, Efraín. «Golfo de Urabá». . Bogotá: . ISBN . Consultado el 23 de diciembre de 2012.; Mosquera Aguirre, Lina; Silva Castro, Gerardo; Guzmán Victoria, Julio César (2002). "Golfo de Urabá". Golfos y bahías de Colombia (en castelán). Bogotá: Banco de Occidente. ISBN 978-958-95504-2-7.