Robin Stjernberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobin Stjernberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Hässleholm, Suecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoLionheart Music Group Editar o valor em Wikidata
Participou en
2013Festival de Eurovisión 2013 Editar o valor em Wikidata

Páxina webrobin-stjernberg.se Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4857198 Facebook: robinstjernbergofficial Twitter: StjernbergRobin Instagram: stjernbergrobin Youtube: UCjjelt7a6bjJYw4YUKiVxJg Souncloud: robin-stjernberg-official Spotify: 126TYnp3S2nOpqyaeF2YBh iTunes: 477526986 Last fm: Robin+Stjernberg Musicbrainz: 5cbf6ff9-14be-46e2-b1e0-393014274417 Songkick: 6759579 Discogs: 2660246 Allmusic: mn0002863151 Deezer: 1461533 Genius: Robin-stjernberg Editar o valor em Wikidata

Robin James Olof Stjernberg, nado en Hässleholm o 22 de febreiro de 1991, máis coñecido como Robin Stjernberg, é un cantante sueco. Representou a Suecia no Festival de Eurovisión 2013 o 18 de maio de 2013 en Malmö, Suecia, coa canción "You". Stjernberg comezou a súa carreira musical na boyband What's Up! e en solitario no talent-show Idol no 2011, quedando segundo.

Dende o inicio da súa carreira, Stjernberg publicou dous álbums de estudio en solitario: My Versions (2012) e Pieces; un álbum de estudio xunto á banda What's Up! chamado In Pose (2007); e un EP chamado For the Better (2013).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

2006-11: What's Up![editar | editar a fonte]

Stjernberg gañou o Sommarchansen en Malmö en 2006. En 2007 formou parte nun evento no Globe Theater onde 15 finalistas formarían parte dunha boyband. El foi un dous catro escollidos para formar a banda, chamada What's Up!. Os outros finalistas que formaron parte da banda foron Eric Saade, Luwdig "Ludde" Keijser e Johan Yngvesson. Cando Eric Saade deixou a banda, este foi remplazado por Johannes Magnusson. A banda lanzou o álbum In Pose, conseguindo un posto 40 na Swedish Albums Chart. Dous dos sinxelos estiveron na Sverigetopplistan, a lista musical de sinxelos oficial de Suecia, chamados "Go Girl!" conseguindo un 5º posto e "If I Told You Once" conseguindo un 16º posto. Stjernberg foi o segundo membro de What's Up! que representou a Suecia no Festival de Eurovisión após que Eric Saade representara a Suecia no Festival de Eurovisión 2011 na Alemaña.

2011-13: Idol e My Versions[editar | editar a fonte]

Stjernberg formou parte na tempada de 2011 da versión sueca do talent-show Idol, logrando quedar no segundo posto do talent-show.

Actuacións[editar | editar a fonte]

Quedou segundo conseguindo o 48% dos votos, gañando así Amanda Fondell cun 52%.

Despois de Idol, lanzou o seu primeiro sinxelo "All This Way" o 2 de decembro de 2011. A canción, tamén cantada pola gañadora Amanda Fondell nunha versión diferente, foi escrita e producida polo concursante da tempada de 2004 de Idol Darin Zanyar entre outros. Stjernberg firma co selo Lionheart Music Group no 2011.

Lanzou a súa propia compilación das súas actuacións no Idol My Versions o 4 de xaneiro do 2012. O primeiro sinxelo oficial do álbum foi a súa versión da canción de Beyoncé, "Halo".

2013: Melodifestivalen e Festival de Eurovisión[editar | editar a fonte]

Robin Stjernberg no 2013

Stjernberg formou parte no Melodifestivalen 2013 coa canción "You". El actuou na cuarta semi-final o día 23 de febreiro do 2013 no Malmö Arena en Malmö. E gaña a final o día 9 de marzo do 2013, conseguindo así, representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2013, conseguindo neste un 14º posto con 62 puntos.

En abril de 2013, Stjernberg sacaba o EP For the Better de forma dixital, que contía cancións como: "You", "Beautiful" ou "Rule the World".[1]

2013-actualidade: For the Better e Pieces[editar | editar a fonte]

Robin lanzou o seu primeiro álbum non-cover "Pieces" o 26 de xuño do 2013, no que incluía a canción You e os seus outros sinxelos; Scars e Crime.

En novembro de 2013, o grupo alemá Cascada, que representou a Alemaña no Festival de Eurovisión 2013, públicou unha versión a dúo entre a vocalista do grupo e Robin Stjernberg da canción "You" que posteriormente entraría no álbum do grupo alemá Acoustic Sessions.[2]

O 11 de xuño de 2014 Robin lanza un novo sinxelo chamado Body Language. O sinxelo conseguiu o número 1 do Swedish iTunes chart.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Título Detalles do álbum Posición nas listas Certificación

SUE
[3]
My Versions 1
Pieces
  • Data de lanzamento: 26 de xuño de 2013
  • Selo: Lionheart Music Group
  • Formato: CD, Dixital
2 Ouro

EPs[editar | editar a fonte]

Título Detalles do EP
For the Better[4]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Sinxelo Posición nas listas Álbum

SUE
[3]
Austria
AUS
[5]
IRL
[6]
Países Baixos NED
[7]
UK
[8]
2011 "All This Way" My Versions
2012 "Halo"
"On My Mind""[9] Pieces
"Scars"[10]
2013 "You" 1 61 31 42 72
"Crime"[11]
"Pieces"
2014 "Thunderbolt" (feat. Ktree & Flo Rida)[12] Non-álbum
"Body Language"[13] 1
2015 "Let Me Dance With You"
"Locked Into You"
"—" denota que non conseguiu entrar nas listas.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ROBIN STJERNBERG PUBLICA ” FOR THE BETTER” SU PRIMER EP" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 5 de maio de 2015. 
  2. ESCToday (ed.). "Germany: Cascada releases You featuring Robin Stjernberg" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Discography Robin Stjernberg". swedishcharts.com/. 
  4. "iTunes - Music - For the Better - EP by Robin Stjernberg". iTunes. Consultado o 17 de setembro 2014. 
  5. "Discographie Robin Stjernberg". austriancharts.at/. 
  6. "Discography Robin Stjernberg". irish-charts.com/. 
  7. "Discografie Robin Stjernberg". dutchcharts.nl/. 
  8. "Robin Stjernberg > UK Charts". Official Charts Company. 
  9. "iTunes - Music - On My Mind - Single by Robin Stjernberg". iTunes. Consultado o 17 de setembro 2014. 
  10. "iTunes - Music - Scars - Single by Robin Stjernberg". iTunes. Consultado o 17 de setembro 2014. 
  11. "Lionheart Music Group - Robin Stjernberg". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2014. 
  12. "ROBIN STJERNBERG TEAMS UP WITH KTREE & FLORIDA ON THUNDERBOLT" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 25 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]