Roberto Naveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Naveira
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura169 cm Editar o valor em Wikidata
Peso63 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónjudoka Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteJudo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

Roberto Antonio Naveira Filgueiras, nado na Coruña o 16 de setembro de 1970, é un judoka español. Foi dúas veces campión de España (en 1993 e 1995) e competiu nos Xogos Olímpicos de 1996.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no barrio coruñés de Monte Alto, comezou a practicar judo durante a súa infancia, no Judo Club Coruña. A mediados dos anos 80 gañou os seus primeiros títulos a nivel autonómico e en 1986 proclamouse campión de España sub-18 na categoría de menos de 50 kg.[1][2] En 1989 foi bronce no Campionato de España júnior, conseguiu a prata ao ano seguinte, e finalmente o ouro en 1992.[3] Trala retirada de Victorino González converteuse no judoka de referencia de Galicia, e asistiu aos Xogos Olímpicos de Barcelona como suplente do equipo español.[4]

En 1993 gañou en San Fernando de Henares o seu primeiro campionato de España absoluto, na categoría de menos de 60 kg, ao derrotar na final ao madrileño Luis María Fernández.[5] Ese mesmo ano rematou quinto no Campionato de Europa celebrado en Atenas, ao perder nos oitavos de final contra o británico Nigel Donohue, sendo o ouro para o acerbaixano Nazim Huseynov.[6]

En 1994 non puido revalidar o título de campión de España, ao perder na final contra o aragonés Manuel Orgaz,[7] ao que si conseguiu gañar na final de 1995, proclamándose así campión de España por segunda vez.[8] En 1996 converteuse no segundo judoka galego en competir nuns Xogos Olímpicos. Foi nos Xogos de Atlanta, nos que eliminou na primeira rolda ao taiwanés Liao Chun-chiang, caendo eliminado na segunda contra o alxeriano Amar Meridja, mentres que o ouro foi para o xaponés Tadahiro Nomura.[9]

En 1998, 1999 e 2000 foi medalla de bronce no Campionato de España.[3] Despois de deixar a competición foi seleccionador da selección galega, posto no que sucedeu a Victorino González, e mestre de judo en Cambre.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los juveniles coruñeses solo perdieron una final en el campeonato gallego masculino". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 1986. p. 46. 
  2. "El coruñés Roberto Naveira, del Judo Club Coruña, sé proclamó campeón de España de promesas en la categoría de 50 kilos". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de novembro de 1986. p. 53. 
  3. 3,0 3,1 "Historia do judo galego" (PDF). Federación Galega de Judo (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  4. "Roberto Naveira, en la senda olímpica tras la estela de Victorino". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 1992. p. 64. 
  5. "Roberto Naveira, campeón de España en los 60 kilos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 5 de abril de 1993. p. 54. 
  6. "Campionato de Europa de Judo de 1993". judoinside.com (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  7. "El coruñés Luis Ángel Otero, campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 1994. p. 21. 
  8. "Los coruñeses Naveira y Otero, campeones de España absolutos". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xaneiro de 1995. p. 50. 
  9. "Judo nos Xogos Olímpicos de 1996 (-60 kg)". olympics.com (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  10. "Cambre homenaxea a Roberto Naveira". 6 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.