Roșia Montană

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°18′15″N 23°08′49″L / 46.30417, -23.14694

Roșia Montană
Rosia Montana.jpg
Situación
Roşia Montană en Romanía
Roşia Montană
Roşia Montană
País Flag of Romania.svg Romanía
Condado Alba
Xeografía
Altitude 850 msnm
Superficie 42 km²
Demografía
Poboación 2,656 (2011)
Densidade 75,62 ab./km²
Outros datos
Código postal 517615
Sitio Oficial

Roşia Montană (en latín : Alburnus Maior, en húngaro: Verespatak, en alemán: Goldbach) é unha localidade mineira de Romanía, situada nos Montes Apuseni, no Condado de Alba (Transilvania).

Demografía[editar | editar a fonte]

Año Total Romaneses Húngaros Romanís
1850 5.756 4.651 (81%) 669 170
1880 5.640 4.130 (73%) 1.452 n/a
1890 5.543 4.037 (73%) 1.472 n/a
1900 5.665 4.211 (74%) 1.424 n/a
1910 5.165 3.623 (70%) 1.515 n/a
1920 4.252 3.341 (79%) 880 n/a
1930 4.362 3.673 (84%) 609 60
1941 5.409 4.557 (84%) 651 n/a
1956 4.169 3.684 (88%) 416 63
1966 4.591 4.178 (91%) 317 87
1977 4.393 4.060 (92%) 157 168
1992 4.146 3.808 (92%) 104 228
2002 3.872 3.518 (91%) 55 289
2011 2,656 2,239 (84%) 6 334

Fontes:[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Restos romanos de Alburnus Maior.

A historia bimilenaria de Roșia Montană comeza coa conquista da Dacia polos romanos, que chegaron atraídos polos grandes xacementos de ouro da rexión, establecendo así unha explotación mineira no lugar dun poboado dacio. A existencia de táboas de madeira recubertas de cera datadas entre os anos 131 e 167 son unha proba da importancia da rexión na época. Nestas táboas aparece mencionado o nome romano da localidade (Alburnus Maior), así coma a orixe da maioría dos mineiros. As galerías mineiras da época romana aínda poden visitarse hoxe.[4]

Aínda que a explotación mineira de ouro non cesou ao longo da historia, tivo un especial impulso durante a época de María Tareixa I de Austria. Hoxe en día é obxecto dun polémico proxecto mineiro.[5][6]

No Museo da Mina poden verse obxectos de todas as épocas da explotación.

Turismo[editar | editar a fonte]

  • Castrum romano
  • Arquitectura barroca do século XVIII
  • Mina de ouro - visita de algúns túneles bimilenarios
  • Museo da Mina
  • Festival de música FânFest

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]