Rexionalismo castelán-leonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Rexionalismo castelán-leonés é un movemento político e cultural cuxo obxectivo é sinalar e preservar a identidade histórica e cultural de Castela e León, convertida hoxe en comunidade autónoma española.

Escudo de Castela e León.

Estatuto de Autonomía[editar | editar a fonte]

O actual Estatuto de Autonomía de Castela e León declara no seu preámbulo que Os antigos reinos de Castela e León mantiveron ao longo dos séculos unha identidade histórica e cultural claramente definida dentro da plural unidade de España. Ao exercer, por abafadora maioría das súas institucións representativas provinciais e locais, o dereito á súa Autonomía, nos termos que establece a Constitución española, o pobo castelán-leonés expresou a súa vontade política de organizarse en Comunidade Autónoma, continuando así aquela identidade. Froito do cal en xuño de 1978, Castela e León obtivo o acceso ao réxime preautonómico (a finais de 1977 obtivérao Cataluña) a través do Real Decreto Lei 20/1978, do 13 de xuño.

Historia do rexionalismo[editar | editar a fonte]

En tempos da I República española (1873-1874), xa existiu o proxecto de crear un único estado federado castelán-leonés que agrupase as oito provincias de Castela a Vella coas tres provincias da Rexión de León, aínda que o fin da I República, a principios de 1874, fixo fracasar esta iniciativa.

En 1921, con motivo do cuarto centenario da batalla de Villalar, o Concello de Santander avogou pola creación dunha mancomunidade castelán-leonesa de once provincias. Idea que certos sectores mantiveron en anos posteriores.

Durante a Segunda República Española, sobre todo en 1936, houbo unha grande actividade rexionalista con epicentro en Valladolid favorable a unha rexión de once provincias, e mesmo se chegaron a elaborar unhas bases de estatuto de autonomía que se publicaron no xornal El Norte de Castela. O xornal Diario de León avogou pola formalización desta iniciativa e a constitución dunha rexión autónoma con estas palabras: unir nunha personalidade a León e Castela a Vella arredor á gran conca do Douro, sen caer agora en rivalidades ('Diario de León' ' 22 de maio de 1936). Ao final, a Guerra Civil rematou coas aspiracións da autonomía para a rexión.

Trala morte do xeneral Francisco Franco, xurdiron organizacións rexionalistas, autonomistas e nacionalistas castelán-leonesas como Alianza Regional de Castilla y León (1975), Instituto Regional de Castilla y León (1976) e o PANCAL (1977). Hoxe en día as formacións rexionalistas de maior forza son Unidad Regionalista de Castilla y León, que foi creada en 1993, Candidatura Independiente, ámbalas dúas coa súa maior implantación na provincia de Valladolid e finalmente o Partido Regionalista de Castilla y León en 2010.

Actualmente e dende o ano 1976 celébrase en Villalar de los Comuneros cada 23 de abril o Día de Castela e León coma símbolo da Comunidade de Castela e León e de recordo aos comuneiros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Juan Andrés Blanco Rodríguez y Julio Valdeón Baruque, Regionalismo y autonomía en Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura, 2004
  • González Clavero, Mariano, Fuerzas políticas en el proceso autonómico de Castilla y León: 1975-1983, 2004
  • González Clavero, Mariano, Pelaez López, José-Vidal, Pérez López, Pablo, Partidos regionalistas y nacionalistas de Castilla y León (1977-1999): un primer análisis
  • López Castrejón, Enrique, Historia de Castilla y León, Reno, 1986
  • Orduña Rebollo, E. El regionalismo en Castilla y León, Ámbito, 1986
  • Palacios Bañuelos, Luis, Historia de Castilla y León, Páramo, 1996

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]