Resolución 1769 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1769 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas | |
---|---|
Asunto | A situación no Sudán |
data | 31 de xullo de 2007 |
Sesión núm. | 5727 |
Código | S/RES/1769 Documento oficial[i] |
Votación | A favor: 15 En contra: 0 Abstención: 0 Ausentes: |
Resultado | Aprobada unanimemente |
Membros do Consello en 2007 | |
Permanentes | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Non permanentes | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
← 1768 — 1770 → |
A Resolución 1769 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas é unha resolución que trata de resolver o conflito de Darfur no Sudán aprobada unanimemente o 31 de xullo de 2007.[1]
A resolución establece a creación dun continxente de 26.000 soldados das Nacións Unidas e a Unión Africana (UNAMID - Misión de Nacións Unidas e a Unión Africana en Darfur) que tratará de establecer a paz no Sudán e substituirá aos 7.000 membros da Misión da Unión Africana no Sudán. Despois de rexeitar un primeiro borrador de resolución que incluía sancións ao goberno sudanés, leste aceptou o texto definitivo que non recolle sanción algunha.[2][3][4]
A resolución insta a que en trinta días os distintos Estados teña listas as súas propostas de tropas para fixar o continxente.
A proposta foi na súa orixe iniciativa dun texto de Francia, Reino Unido e Eslovaquia que contou co apoio expreso de Estados Unidos e invocouse ao Capítulo VII da Carta das Nacións Unidas que permite o uso da forza para a propia defensa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Consejo de Seguridad de la ONU autoriza el envío de una fuerza de paz a Darfur Arquivado 14 de agosto de 2016 en Wayback Machine., Diario El Mundo, 31 de xullo de 2007, citado por ACNUR].
- ↑ Acepta Jartum resolución del Consejo de Seguridad Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine., Prensa Latina, 1 de agosto de 2007.
- ↑ "Aprueba Sudán operación conjunta de pacificación ONU-UA en Darfur" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2018. Xinhua, 2 de agosto de 2007.
- ↑ Sudán acepta el despliegue de una fuerza multinacional en Darfur, 20 minutos, 12 de xuño de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resolución 1769 do Consello de Seguridade da ONU (en varias linguas)