Saltar ao contido

Resaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resaca
Clasificación e recursos externos
Gueule de bois (Resaca),
pintura de Toulouse-Lautrec, 1887/1888.
ICD-10F10, G44.83
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Co nome de resaca coñécese popularmente un cadro de malestar xeral que padece ao espertar unha persoa que bebeu alcohol en exceso.[1]

Síntomas

[editar | editar a fonte]
  • Ollos vermellos
  • Ocasional perdida de memoria
  • Vómito
  • Posibles flatulencias
  • Dor de cabeza, o cal se produce por: deshidratación das meninxes, dilatación dos vasos sanguíneos, diminución da glicosa.
  • Sede intensa, que se orixina como unha resposta do corpo á deshidratación causada polo alcol.
  • Dor abdominal e muscular, o que se traduce en sensación de debilidade.
  • Nalgúns casos diarrea, orixinada pola inxesta excesiva de alcol que ocasiona que se perdan as veiosidades do intestino delgado que impide que se absorban todos os líquidos procesados.
  • En casos extremos pódense producir convulsións e mesmo chegar ao coma.

Prevención

[editar | editar a fonte]

Se é posible, reducir a inxesta de alcol. Beber líquido antes e despois do período de inxesta de alcol, e se é posible, que estes sexan auga ou zumes.

Non convén deitarse senón até estar no estado máis normal posible. Deitarse cos efectos do alcol, aínda que en primeiro lugar poderiamos pensar que nos vai a facer descansar mellor, ten un efecto contrario. Nas mesmas condicións, deitarse 5 horas despois da última inxesta ou deitarse menos de 3 horas despois, pode significar a diferenza entre padecer ou non resaca ao día seguinte.

A comida inxerida antes de beber tamén inflúe en como afecta o alcol ao corpo, e o mellor sería unha comida copiosa rica en hidratos de carbono, proteínas e graxas, co cal asimilaremos un volume máis elevado de alcol, xa que un estómago baleiro asimila 4 veces máis rápido o alcol que un que está entretido cunha apracible dixestión. Vulgarmente falando, dise que "sobe antes". Unha vez que se bebeu e comezan os síntomas de mareo, perda de control e náuseas, a inxesta de alimentos ricos en amidón como a pataca ou o arroz diminúen a cantidade de líquido dispoñible no estómago para a expulsión do vómito.

Aparentemente a inxesta, en cantidades normais (100% CDR), de complexos vitamínicos do grupo B (en especial a B12), xunto con abundante líquido, poden paliar en certo grao os efectos molestos da resaca: leite, carne, verduras e para as mulleres que estean a tomar pílulas anticonceptivas, unha presa de froitos secos.

É moi recomendable beber aproximadamente a mesma cantidade de alcol consumida en auga antes de deitarse a durmir, ao outro día a resaca será substancialmente menor, non se levantará coa boca seca e non se terá esa sensación de sede constante.

Combater a resaca con alcol non é conveniente. O refrán "un cravo con outro cravo" é mellor non aplicalo neste estado. O que lograremos é paliar a resaca prolongando a bebedeira, pero tarde ou cedo, a dor de cabeza volverá aparecer.

O alcol é eliminado do corpo a unha velocidade de 0.1 ou 0.15 g/h e comercialízanse bebidas que afirman acelerar o proceso estimulando as funcións do fígado.

  1. resaca, 2ª acep., no Dicionario da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]