Saltar ao contido

República de Lakota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Lakota

Lema«Mitaku Oyasin» Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°N 105°O / 45, -105
CapitalPorcupine Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación100.000 Editar o valor en Wikidata (0,5 hab./km²)
Xeografía
Superficie200.000 km² Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoMatriarcado
Confederación Editar o valor en Wikidata

Páxina webrepublicoflakotah.com Editar o valor en Wikidata

Republic of Lakotah ou Lakotah é un estado autoproclamado dentro das fronteiras dos Estados Unidos que reclama parte dos estados de Dacota do Norte, Dacota do Sur, Nebrasca, Wyoming e Montana como o fogar do pobo lakota. Ten unha poboación estimada en 2005 de 100.000 persoas[1] (incluída só a xente de orixe lakota).

As fronteiras propostas son as establecidas no Tratado de Fort Laramie (1851) entre o goberno dos Estados Unidos e os lakota que delimitaba o territorio con lindes naturais: o río Yellowstone, ao norte; o río North Platte, ao sur; o río Missouri, ao leste; e unha liña irregular marcando o oeste. Estas terras están agora ocupadas por reservas indias e asentamentos non nativos.

Ningún dos gobernos tribais lakota existentes, recoñecidos, apoia a república proposta nin tampouco foi consultado sobre o asunto.[2]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Non é a primeira vez que un grupo lakota pula pola independencia. O 28 de febreiro de 1973, un conxunto de indíxenas do American Indian Movement, entre os que tamén estaba Russell Means, levaron a cabo unha acción armada cando ocuparon Wounded Knee Crock, o mesmo lugar onde se producira en 1890 o masacre de Wounded Knee, e declararon a independencia. A seguir, produciuse a intervención da Garda Nacional e 2 dos insurxentes morreron e o resto foron detidos.[3]

Declaración de independencia

[editar | editar a fonte]

O 20 de decembro de 2007, un movemento que defende a afirmación dos nativos americanos, chamado Freedom Lakota e liderado por catro representantes do pobo lakota (Russell Means, Gary Rowland, Duane Martín, e Phyllis Young) proclamou en Washington que se retiraban "formal e unilateralmente, de tódolos tratados e acordos impostos polo goberno dos Estados Unidos" o que implicaba a independencia dos lakota dos Estados Unidos e a creación da República de Lakota.[3] Nunha nota remitida ao Departamento de Estado dos Estados Unidos, denuncia a totalidade dos trinta e tres tratados asinados ao longo do tempo cos Estados Unidos, e que os colonos nunca respectaron.[4] Varios tratados teñen máis de 150 anos. Russell Means solicitou ás embaixadas de Bolivia, Venezuela, Chile e Suráfrica o recoñecemento diplomático internacional da República de Lakota, sen conseguilo.

O grupo, argumenta que a afirmación de independencia non é tanto unha secesión dos Estados Unidos, senón unha reiteración de soberanía.

Representatividade

[editar | editar a fonte]

Ata data actual, o país non foi recoñecido e certos membros dos consellos tribais dos lakota argumentan que non foron representados nas decisións. O verdadeiro grao de apoio á Delegación de Liberdade Lakota ou para a renuncia lakota dos Estados Unidos é descoñecido. Pola contra, o movemento Freedom Lakota, tampouco recoñece nin ós presidentes nin ós gobernos tribais recoñecidos pola Oficina de Asuntos Indíxenas estadounidense, acusándoos de «colaboracionistas».

Dende a morte de Means, no 2012, a líder "de facto" é Phyllis Young que pertence ao Consello Tribal de Standing Rock.[4]

Dakota Access Pipeline

[editar | editar a fonte]

O DAK (Dakota Access Pipeline ou, en galego, Oleoduto de Acceso a Dakota) é un gasoduto de 1.825 km de lonxitude que vai dende os estados de Illinois a Dacota do Norte. A súa construción comezou en 2014, por conta dun consorcio petroleiro, mais os traballos foron paralizados en decembro de 2016. O Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos, encargado de supervisar o proxecto, anunciou que lle rexeitaba á petroleira o permiso de perforación baixo o río Missouri.

O subsecretario de Obras Civís do Exército anunciou nun comunicado de prensa que o goberno "realizará un estudo integral de impacto ambiental e estudará rutas alternativas". Porén, o 24 de xaneiro de 2017, o daquela presidente, Donald Trump, que tiña intereses no consorcio petroleiro, asinou unha orde executiva para reactivar o proxecto do DAC sen esperar os estudos.[4]

  1. Lakota Nation Arquivado 17 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. from UNPO
  2. Toensing, Gale Courey (4 de maio de 2016). "Withdrawal from US treaties enjoys little support from tribal leaders". indiancountrytodaymedianetwork.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 Dean, Matteo (14 de febreiro de 2008). "La República Lakota". rebelion.org (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Hanne, Isabelle (15 de agosto de 2018). "Phyllis Young, pas réservée". liberation.fr (en francés). Consultado o 20 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]