Reis latinos
Coñécese como Reis latinos, ou Reis de Alba Longa, a serie de reis lendarios do Lacio e Alba Longa que, na mitoloxía romana, encheron o oco de tempo entre o desembarco de Eneas no Lacio e a fundación de Roma por Rómulo e Remo. Foi sucedida pola serie de reis coñecida como «os reis etruscos» para distinguilos dos reis albanos, a pesar de que só algúns dos seus membros foron etruscos.
Ascanio, o primeiro da dinastía, fundou Alba Longa ao redor da metade do século -XII, algún tempo despois da destrución de Troia (que, segundo Eratóstenes, ocorreu no ano -1184). O seu sucesor foi Silvio, que ás veces é considerado o seu medio irmán e ás veces fillo seu. Por tanto, a orixe da dinastía real podería remontarse tanto aos pais de Silvio, (ben sexa Ascanio ou ben Eneas e Lavinia), como ao pai de Lavinia, Latino.
Lista dos reis de Alba Longa
[editar | editar a fonte]Conforme aos datos de Tito Livio e de Dionisio de Halicarnaso esta é a lista dos reis latinos ou de Alba Longa:
- Eneas. Considerado como o primeiro rei latino tanto por Livio como por Dionisio.
- Ascanio. Fillo de Eneas e Creúsa. Reinou durante 38 anos.
- Silvio. Fillo de Eneas e Lavinia, ou de Ascanio. Reinou durante 29 anos.
- Eneas Silvio. Fillo de Silvio. Reinou durante 31 anos.
- Latino Silvio. Posibelmente un fillo de Eneas Silvio. Reinou durante 51 anos.
- Alba. Posiblemente un fillo de Latino Silvio. Reinou durante 39 anos.
- Atis (en Livio) ou Capeto (en Dionisio). Posibelmente un fillo de Alba. Reinou durante 26 anos.
- Capis. Posibelmente un fillo de Capeto. Reinou durante 28 anos.
- Capeto II. Posibelmente un fillo de Capis. Reinou durante 13 anos.
- Tiberino Silvio. Posibelmente fillo de Capeto II. Reinou durante 8 anos. Morreu en combate preto dun río e o seu corpo foi arrastrado por el. O río foi rebautizado como Tíber na súa honra.
- Agripa. Posibelmente un fillo de Tiberino. Reinou durante 41 anos.
- Rómulo Silvio (en Livio) ou Aladio (en Dionisio). Posibelmente un fillo de Agripa. Reinou durante 19 anos. Considéraselle un tirano e pouco respectuoso cos deuses. Atemorizou ao pobo arroxándolle raios, ata que el mesmo resultou morto por un e a súa casa foi mergullada no lago Albano.
- Aventino. Posibelmente un fillo de Aladio. Reinou durante 37 anos. O monte Aventino foi chamado así na súa honra.
- Procas. Posibelmente un fillo de Aventino. Reinou durante 23 anos.
- Amulio. O máis novo dos fillos de Procas, que usurpou o trono do seu irmán Numitor. Reinou durante 42 anos. Asasinado polo seu sobriño-netos Rómulo e Remo.
- Numitor. O irmán máis vello de Amulio. Sucedeu a Amulio un ano antes da fundación de Roma. Non se coñece o nome do seu sucesor.
Árbore xenealóxica dos reis latinos de Alba Longa
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dionisio de Halicarnaso, (I, páxina 66 e seguintes) (en inglés).
- Tito Livio, Ab urbe condita (Historia de Roma), Libro I (en inglés).
- Virxilio, Eneida, Libro VI.