Tiberino Silvio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tiberino Silvio, ou simplemente Tiberino, foi un rei de Alba Longa, segundo a mitoloxía romana. Sucedeu a Capeto II.

Viviu no século -X. Era fillo de Capeto II e neto de Capis, que á súa vez era fillo de Capeto I, fillo de Alba tataraneto de Eneas.

Morreu combatendo preto dun río, e o seu corpo foi arrastrado por este. O río foi rebautizado como Tíber na súa honra. Tivo un fillo chamado Agripa, que o sucedeu no trono. Agripa foi pai do tirano Rómulo Silvio, pai de Aventino, tataravó de Rómulo e Remo, e epónimo do monte Aventino, segundo o historiadores Tito Livio e Dionisio de Halicarnaso.

Tiberino reinou en Alba Longa durante 8 anos.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Eneas, fillo de Anquises e Venus, fuxiu xunto á súa familia a Italia. Ascanio, fillo de Eneas, fundou a cidade de Alba Longa. Eneas casa con Lavinia, de quen ten a Silvio, sucesor de Ascanio. A maioría dos descendentes de Silvio serán reis de Alba Longa ou reis latinos. Silvio deixou un fillo, Eneas Silvio, sucedido polo seu fillo Latino Silvio. Este será pai de Alba, que terá un fillo chamado Atis ou Capeto I. Atis foi avó de Capeto II por medio do seu fillo Capis, e Capeto II foi o pai de Tiberino Silvio.

Os descendentes de Tiberino Silvio coñecidos son os seguintes: Tiberino Silvio - Agripa Silvio - Aventino - Procas - Numitor e Amulio - Rea Silvia - Rómulo e Remo.

Fontes[editar | editar a fonte]

Tito Livio.

Dionisio de Halicarnaso.

Virxilio, Eneida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]