Aventino (rei)
Aparencia
| Aventino | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Lugar de sepultura
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Cargo ocupado
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Aventino (en latín Aventinus), fillo de Hércules e Rea, foi un dos reis míticos de Alba Longa. Segundo a tradición, foi enterrado no monte que máis tarde levaría o seu nome (Monte Aventino)[1]. Dise que sucedeu a Rómulo Silvio. Reinou durante trinta e sete anos, e foi sucedido por Procas, o pai de Amulio e Numitor.
Lenda
[editar | editar a fonte]Servio, na súa análise da Eneida de Virxilio (Libro VII, 656), fala dun personaxe chamado Aventino, un rei dos primeiros habitantes de Roma, que foi asasinado e enterrado nun monte chamado máis tarde o Monte Aventino. O rei Aventino de Alba Longa podería identificarse con este personaxe da Eneida.
«O Aventino é un monte ou outeiro da cidade de Roma. Acéptase que o seu nome procede das aves (avis en latín) que, elevándose desde o Tíber, facían os seus niños alí. Ou ben debía o seu nome a un rei dos habitantes aborixes de Italia, de nome Aventino, que foi asasinado e enterrado alí, de igual maneira que o rei de Alba Aventino, aquel que foi sucedido por Procas. Varrón, con todo, indica que entre os romanos, os sabinos aceptaron esta montaña que lles era ofrecida por Rómulo, e chamárona o Aventino polo río Aventus que transcorría por esa zona. É, con todo, aceptado que esta última versión é posterior, xa que nun principio chamábanlle Aventino ou polos paxaros ou polo rei italiano. Do cal se deduce que o fillo de Hércules chamado Aventino tomou o seu nome do monte e non á inversa.»
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tito Livio, Historia de Roma desde a súa fundación, I, 3.
- Dionisio de Halicarnaso, Antigüidades romanas, I, 71.
- Ovidio, Fastos, IV, 51.
- Smith, Biographical Dictionary.