Numitor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Numitor era fillo do rei Proca e tamén undécimo descendente de Eneas. Era irmán máis vello de Amulio. Cando Numitor tiña que comezar a reinar o seu irmán máis novo desbancouno e fíxose co poder de Alba Longa. Amulio matou os fillos de Numitor e ofreceu a Rea Silvia, a súa sobriña, como vestal para asegurarse de que non tivese descendencia.

Un tempo máis tarde Rea Silvia tivo dous xemelgos, os cales, segundo ela aseguraba, eran fillos de Marte. A sobriña de Amulio foi encadeada e os xemelgos, Rómulo e Remo, abandonados no río Tíber.

Anos despois Remo foi levado ante Numitor e este descubriu que era o seu neto. Os xemelgos e máis o seu avó atacaron a Amulio e Numitor volveu reinar en Alba Longa.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario de mitología griega y romana. Pierre Grimal, profesor da Sorbona. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.