Amulio
Amulio foi o décimo quinto rei de Alba Longa fillo de Procas e irmán de Numitor. Antes de morrer fixo dúas partes da herdanza real: por un lado, os tesouros, por outro, o reino. Numitor elixiu este último. Amulio, valéndose das riquezas que lle corresponderon, puido destronar facilmente ao seu irmán e ocupar o seu lugar. Pese a todas as preocupacións tomadas, non puido impedir que a súa sobriña, Rea Silvia, dese a luz dous xemelgos, Rómulo e Remo, os cales remataron destronándoo e matándoo. Logo devolvéronlle o poder ao seu avó Numitor.
Rei de Alba Longa | ||
---|---|---|
Segue a: Numitor |
Amulio (-)
|
Precede a: Numitor |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diccionario de mitología griega y romana. Autor: Pierre Grimal, profesor da Sorbona. Edicions Paidós Ibérica, S.A. 1965.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |