Reino de Galicia e Lodomeria
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Königreich Galizien und Lodomerien (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado desaparecido | Imperio Austríaco | ||||
Capital | Lviv | ||||
Contén a división administrativa | Berezhany district (en) (1782–1867) Bezirk Krakau (en) (1846–1867) Bukovina District (en) (1786–1848) ../... 22+ | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua alemá lingua polaca lingua ucraína | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1772 | ||||
Disolución | 31 de outubro de 1918 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Órgano lexislativo | Diet of Galicia and Lodomeria (en) , | ||||
O Reino de Galicia e Lodomeria foi un reino dependente da monarquía dos Habsburgo, o Imperio austríaco e o Imperio Austrohúngaro, entre 1772 e 1917, e independente desde o 26 de xullo de 1917 até o 14 de novembro de 1918 (como a República Nacional de Ucraína Occidental).
Comprendía as rexións centroeuropeas de Galicia e Volinia.
Esta rexión histórica da parte oriental de Europa Central está actualmente dividida entre Polonia e Ucraína. O núcleo da Galicia histórica encóntrase nas rexións de Ucraína occidental das óblast de Lviv (Lemberg, en alemán), Ternopil e Ivano-Frankivsk.
Nome oficial
[editar | editar a fonte]- En alemán: Königreich Galizien und Lodomerien mit dem Großherzogtum Krakau und den Herzogtümern Auschwitz und Zator.
- En polaco: Królestwo Galicji i Lodomerii wraz z Wielkim Księstwem Krakowskim i Księstwem Oświęcimia i Zatoru.
- En ucraíno: Королівство Галичини і Лодомерії
- En húngaro: Galícia és Lodoméria királysága Krakkó nagyhercegségével és Auschwitz és Zator hercegséggel.
- En galego: Reino de Galicia e Lodomeria co Gran Ducado de Cracovia e os Ducados de Auschwitz e Zator.
Historia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Galicia (Europa Central).
En 1772, a Galicia era a parte máis importante anexionada por Austria na primeira repartición de Polonia.
A rexión austríaca da Polonia, que formaría parte máis tarde de Ucraína, era coñecida co nome de Galicia, mentres que a zona do norte de Hungría anexionada coñecíase na época como Lodomeria. Deste xeito costituíuse o Reino de Galicia e Lodomeria.
Por outra parte, despois da terceira repartición de Polonia, gran parte da terra polaca do occidente (a Nova Galicia) engadiuse á xa existente provincia de Galicia.
Lemberg foi a capital da Galicia austríaca, que estaba dominada en gran parte pola aristocracia polaca, aínda que a poboación fose case toda ucraína ou rutena.
Numerosa era tamén a poboación xudía na zona, concentrada na parte oriental da provincia.
Durante o primeiro decenio do goberno austríaco, Galicia foi gobernada directa e firmemente desde Viena, que fixo moitas e significativas reformas na burocracia local, levadas a cabo por alemáns e checos xermanizados.
A aristocracia tiña garantidos os seus dereitos, aínda que estes foron considerabelmente limitados. A servidume, neste contexto da reforma, non foi eliminada, pero en cambio foi sometida a unha lei que garantía aos seus compoñentes algunhas liberdades individuais, como a liberdade de matrimonio. As súas obrigas de traballo foron definidas e limitadas, e non estaban excluídos da xustiza ordinaria.
En 1859, a consecuencia das derrotas militares austríacsas en Italia, o Imperio austríaco entrou nun período de reformas costitucionais e, en 1860, o goberno de Viena emitiu o Diploma de outubro co cal se realizou unha primeira federación do imperio coa conseguinte descentralización das súas institucións.
Así, en 1861 o Reino de Galicia e Lodomeria obtén a posibilidade de dispoñer dunha asemblea lexislativa (o Sejm de Galicia).
O Reino de Galicia e Lodomeria continuou a costituír parte integrante do Imperio Austrohúngaro até a súa disolución como consecuencia da derrota do exército imperial á fin da primeira guerra mundial.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Galicia-Lodomeria.
Moi pronto foron reestruturados os territorios polacos adquiridos na primeira partición de Polonia, que eran coñecidos como Kreise (círculos) (voivodatos en Polonia). En novembro de 1773 creáronse 59 Kreisdistriktes (distritos administrativos, mentres que os círculos foron suprimidos. Algúns ex voivodatos incorporáronse completamente, mentres que a maioría deles só o foron parcialmente. Entre eles estaban o ex voivodato de Belz, Rutenia, Cracovia, Lublin, Sandomierz e Podolia. Tamén durante a guerra ruso-turca de 1769 Bucovina foi ocupada polo Imperio ruso que a cedeu en 1774 ao Imperio austríaco como unha "mostra de aprecio".
Principais cidades
[editar | editar a fonte]- Divisións administrativas
O Reino dividiuse en numerosos condados (powiat) que, en 1914, eran uns 75.[1]
Ademais de ser Lwów (hoxe Lviv) a capital do reino, Cracovia era considerada como a capital non oficial da parte occidental de Galicia, sendo a segunda cidade máis importante da rexión.
- Belz (en polaco: Bełz, en yiddish: Beltz)
- Berezhany (en polaco: Brzeżany)
- Biecz (en alemán: Beitsch, en ucraíno Беч, Bech)
- Bochnia (en alemán: Salzberg)
- Boryslav (en polaco: Borysław)
- Brody (en yiddish: Brod)
- Busk
- Buchach (en polaco: Buczacz)
- Chortkiv (en polaco: Czortkow)
- Chrzanów
- Dukla (en ucraíno: Дукля, Duklia)
- Drohobych (en polaco: Drohobycz)
- Gorlice (en ucraíno: Горлиці, Horlytsi, en alemán: Gorlitz)
- Halych (en polaco: Halicz, en alemán: Halitsch, en yiddish: Galits)
- Husiatyn
- Jarosław (en alemán: Jaroslau, en ucraíno: Ярослав, Yaroslav)
- Jasło (en alemán: Jassel)
- Kalush (en polaco: Kałusz)
- Kolomyia (en alemán: Kolomea, en polaco: Kołomyja, en romanés: Colomeea, en yiddish: Kolomay)
- Kozova (en polaco: Kozowa)
- Kraków (en alemán: Krakau, en yiddish: Kruke)
- Krosno (en alemán: Krossen, en ucraíno: Коросно, Korosno)
- Lesko (en ucraíno: Лісько, Lisko, en yiddish: Linsk)
- Leżajsk (en alemán: Lyschansk, en yiddish: Lizhensk)
- Limanowa (en alemán: Ilmenau)
- Lviv (en alemán: Lemberg, en polaco: Lwów, en yiddish: Lemberik)
- Łańcut (en alemán: Landshut)
- Machliniec
- Myślenice (en alemán: Mischlenitz)
- Nadvirna (en polaco: Nadwórna)
- Nowy Sącz (en alemán: Neu Sandez, en yiddish: Zanz)
- Oświęcim (en alemán: Auschwitz, en yiddish: Oshpetsin)
- Peremyshliany (en polaco: Przemyślany)
- Przemyśl (en ucraíno: Перемишль, Peremyshl)
- Pidhaytsi (en polaco: Podhajce)
- Rava-Ruska (en polaco: Rawa Ruska, en yiddish: Rave)
- Rohatyn
- Rymanów (en alemán: Reimannshau)
- Rzeszów (en yiddish: Rejsza, en ucraíno: Riashiv, en alemán: Reichshof)
- Sambir (en polaco: Sambor)
- Sanok (en ucraíno: Сянік, Sianik, en yiddish: Sonik, en húngaro: Sánók)
- Stanyslaviv (en polaco: Stanisławów, en alemán: Stanislau, en yiddish: Stanislev, hoxe: Ivano-Frankivsk)
- Terebovlia (en polaco: Trembowla)
- Ternopil' (en polaco: Tarnopol)
- Tarnów (en ucraíno: Тарнів, Tarniv, en alemán: Tarnau)
- Tomaszów Lubelski (en ucraíno: Tomashiv Liublinskyi)
- Truskavets (en polaco: Truskawiec)
- Wieliczka (en alemán: Groß Salze)
- Zalishchyky (en polaco: Zaleszczyki)
- Zator (en alemán: Neuenstadt an der Schaue)
- Zolochiv (en polaco: Złoczów, en yiddish: Zlotshev)
- Zhovkva (en polaco: Żółkiew)
- Żywiec (en ucraíno: Живець, Zhyvets, en alemán: Saybusch)
Outras entidades administrativas
[editar | editar a fonte]Parte do reino desde 1795 a 1809; desde 1803, unidade administrativa separada.
|
Parte do reino desde 1775 a 1849 (Ducado de Bucovina)
Cidade Libre (República) protexida por Prusia, Austria e Rusia desde 1815 até 1846, parte do reino desde 1846.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Map of the Kingdom with its county division (Lenius, Brian. "Genealogical Gazetteer of Galicia" 2nd ed. Anola, Canada. 1993)". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Galicia e Lodomeria |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davies, Norman (2011): Vanished Kingdoms: The History of Half-Forgotten Europe. Londres: Allen Lane. ISBN 978-1-84614-338-0.
- Hann, Christopher e Paul Robert Magocsi, eds. (2005): Galicia: A Multicultured Land. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-3781-X. Lectura parcial.
- Magocsi, Paul Robert (1983): Galicia: A Historical Survey and Bibliographic Guide. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-2482-3. Lectura parcial.
- Taylor, A.J.P. (1990): The Habsburg Monarchy 1809–1918. A History of the Austrian Empire and Austria-Hungary Londres: Penguin Books UK. Lectura parcial.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Bucovina
- Pequena Polonia
- Principado de Galicia-Volinia
- República Nacional de Ucraína Occidental
- República Socialista Soviética Galiciana
- Volinia