Reino de Finlandia (1918)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Suomen kuningaskunta
Konungariket Finland

Reino de Finlandia
Flag of Russia.svg
1917 — 1918
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Lema nacional: Vapaa, Vankka, Vakaa
(Finés: Libre, Robusto, Estable)
Himno nacional: Maamme  (finés)
Vårt land  (Sueco)
Situación de Finlandia
Capital Helsinqui
60°10′N 24°56′L / 60.167, -24.933
Goberno Monarquía constitucional
Rei
 • 1918 Carlos I
Rexente {{{deputy1}}}
Historia
 • Independencia 6 de decembro de 6 de decembro
 • renuncia do Rei ao trono 14 de decembro de 1918
Superficie
 • 1900 360.000 km2
Poboación
 • 1900 est. 2.655.900 
     Densidade 7,4/km²
 • 1910 est. 2.943.400 
 • 1920 est. 3.147.600 
Moeda Marco finlandés

O reino de Finlandia foi unha monarquía constitucional de curta duración creada logo da Independencia de Finlandia do Imperio ruso en 1917 e que se prolongou ata a renuncia ao trono do rei Carlos I en 1918.

O parlamento de Finlandia elixiu o 9 de outubro de 1918 ao Príncipe Federico Carlos de Hesse-Kassel, Landgrave de Hesse, da casa de Hesse-Kassel, e coroóuselle como Carlos I, rei de Finlandia e Karelia, duque de Åland, gran príncipe de Laponia e conde de Kaleva e o Norte (en finés: Kaarle I, Suomen ja Karjalan kuningas, Ahvenanmaan herttua, Lapinmaan suuriruhtinas, Kalevan ja Pohjolan isäntä).

Carlos I renunciou ao trono o 14 de decembro de 1918. Seguidamente Finlandia adoptou unha constitución republicana.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia de Finlandia.

Finlandia declarara a independencia do que era o antigo Imperio ruso, neste tempo envolto na guerra vivil rusa, o 6 de decembro de 1917. Ao tempo da declaración de independencia, os monárquicos eran unha minoría no Parlamento Finlandés, e Finlandia foi declarada unha república. Seguiu unha guerra civil, e máis tarde, mentres que o prorepublicano Partido Socialdemócrata Finés era excluído do Parlamento e antes de que se adoptase unha nova constitución, Federico Carlos foi elixido para o trono de Finlandia o 9 de outubro de 1918.

Réplica da Coroa deseñada para o monarca finlandés. A verdadeira coroa nunca foi construída. Esta réplica foi construída a partir de debuxos orixinais na década de 1980.[1]

Lituania xa dera un paso similar en xullo de 1918, elixindo a Guillerme Carlos, Duque de Urach, Conde de Wurtemberg, como rei Mindaugas II de Lituania. En Letonia e Estoniana, unha "Asemblea Xeral Provincial" consistente en aristócratas de orixe xermano-báltico solicitara ao emperador alemán Guillerme II, recoñecer as provincias bálticas como unha monarquía conxunta e un protectorado alemán. Consecuentemente Adolfo Federico, Duque de Mecklemburgo-Schwerin, foi nomeado Duque do "Ducado Unido do Báltico" polos alemáns.

A Finlandia independente inicialmente tiña, como as provincias bálticas, estreitos lazos co Imperio alemán. Alemaña foi a única potencia internacional que dera apoio aos preparativos de independencia, non polo mínimo mediante o adestramento de voluntarios como tropas Jägers finlandesas. Alemaña tamén interviñera na guerra civil finlandesa, malia a súa propia precaria situación. A posición de Finlandia vis-a-vis con Alemaña xa estaba evolucionando cara a un protectorado para a primavera de 1918, e a elección do príncipe Federico Carlos, cuñado de Guillerme II, era vista como unha confirmación das estreitas relacións entre as dúas nacións.

A adopción dunha nova constitución monárquica fora atrasada (xa que non conseguía a requirida maioría cualificada), e a lexitimidade da elección real estaba baseada no Instrumento de Goberno de 1772, adoptado baixo o rei Gustavo III de Suecia, cando Finlandia formara parte de Suecia. O mesmo documento constitucional servira como base para o goberno dos emperadores rusos, como Grandes Duques de Finlandia, durante o século XIX.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]