Paul von Hindenburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul von Hindenburg
Nome completoPaul Ludwig Hans Anton von Beneckendorff und von Hindenburg
Nacemento2 de outubro de 1847
Lugar de nacemento6 Podgórna Street in Poznań
Falecemento2 de agosto de 1934
Lugar de falecementoOgrodzieniec
Causacancro de pulmón
SoterradoSt. Elisabeth's Church
NacionalidadeAlemaña e Reino de Prusia
Relixiónluteranismo
Alma máterAcademia de Guerra Prussiana
Ocupaciónpolítico, militar e soldado
PaiRobert von Beneckendorff und von Hindenburg
NaiLuise Schwickart
CónxuxeGertrud Wilhelmine von Hindenburg
FillosOskar von Hindenburg e Irmengard Pauline Louise Gertrud von Brockhusen
IrmánsBernhard von Hindenburg
PremiosPour le Mérite, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Grand Cross of the Order of Maria Theresa, Military Merit Cross I. Class, Orde da Aguia Negra, Star of the Grand Cross of the Iron Cross, Large Military Merit Medal, Ordem Militar de Maximiliano José, Honorary doctor of the Dresden University of Technology, Honorary citizen of Sankt Andreasberg, honorary citizen of Paderborn, honorary doctorate of the University of Graz, honorary citizen of Bonn, cidadán de honor de Berlín, honorary doctor of the University of Königsberg, honorary doctor of the University of Bonn, honorary doctor of the University of Wrocław, Order of Saint Stephen of Hungary, Ordem de Maria Teresa, honorary citizen of Nuremberg, honorary citizen of Coburg, cidadanía honoraria, Iron Cross 1st Class, Iron Cross 2nd Class, Grand Cross of the Iron Cross, cidadanía honoraria, Grand Cross of the Order of the Cross of Liberty e Imtiyaz Medal
Na rede
IMDB: nm0902438 WikiTree: Von_Beneckedorff_und_von_Hindenburg-1 Find a Grave: 8634225 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Káiser Wilhelm II e os seus xenerais. Hindenburg é o cuarto da dereita para a esquerda.

Paul Ludwig Hans Anton von Beneckendorff und von Hindenburg, nado en Poznan (Prusia) o 2 de outubro de 1847 e finado en Neudeck en 2 de agosto de 1934, foi un militar e político alemán, coñecido como Paul von Hindenburg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariscal alemán e importante figura durante a primeira guerra mundial, foi presidente da Alemaña de 12 de maio de 1925 a 2 de agosto de 1934. En fins de 1932 foi convencido por Franz von Papen a chamar a Hitler á chancelaría. O dirixíble Hindenburg tivo este nome na súa homenaxe.

Sendo educado na escola de cadetes de Berlín; entrou no exército prusiano en 1866, onde estivo cerca de 40 anos, servindo na guerra das sete semanas e na guerra franco-prusiana.

No inicio da primeira guerra mundial, en agosto de 1914, xa retirado da vida militar, aceptou comandar o 8º Exército Alemán na fronteira rusa. El e o xeneral Erich Ludendorff conseguiran unha estrondosa vitoria sobre os rusos na batalla de Tannenberg; nomeado mariscal de campo en 1916, tórnase, con Ludendorff, responsábel pola dirección de todas as forzas alemás. En marzo de 1917, Hindenburg estabelece un sistema de trincheiras a través do Norte de Francia, coñecido polo nome de "Liña de Hindenburg", só superado polos aliados en outubro de 1918.

Despois da guerra, retirouse do exército por segunda vez. En 1920, nas súas memorias (en inglés Out of my life), explica que a derrota alemá na guerra tivo orixe nunha revolución interna que puxo fin ao Imperio Alemán e estabelecer a república en 1919.

En 1925 foi elixido presidente da República e, a pesar de pretender a unidade de Alemaña, promoveu os intereses dos junkers prusianos, isto é, a aristocracia terratenente. En 1932 volveu a concorrer á eleccións presidenciais como o único candidato capaz de derrotar o partido nazi de Adolf Hitler, o que veu a acontecer; con todo, o 30 de xaneiro de 1933, Hindenburg viría a nomear a Hitler chanceler, a quen o Reichstag (Parlamento) viría a dar poderes ditatoriais; a partir de entón, Hindenburg foi unha simple figura decorativa no Goberno xermánico.