Frederico Carlos de Hesse-Kassel
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1868 ![]() Panker, Alemaña (pt) ![]() ![]() |
Morte | 28 de maio de 1940 ![]() Kassel, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | Schloss Friedrichshof (pt) ![]() ![]() |
Rei | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Frankfurt ![]() |
Ocupación | coleccionista de arte ![]() |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Xeneral ![]() |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Conflito | Primeira Guerra Mundial ![]() |
Participou en | |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 ![]() |
Outro | |
Título | Príncipe Landgrave ![]() |
Familia | Casa de Hesse (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Margarida da Prússia (1893–1940), morte da persoa ![]() |
Fillos | Friedrich Wilhelm von Hessen, Prince Maximilian of Hesse, Wolfgang de Hesse-Cassel, Filipe de Hesse-Cassel, Cristóvão de Hesse-Cassel, Richard von Hessen ![]() |
Pais | Frederico Guilherme de Hesse-Cassel ![]() ![]() |
Irmáns | Princess Elisabeth of Hesse-Kassel Alexander Frederick, Landgrave of Hesse Prince Friedrich Wilhelm, Landgrave of Hesse-Kassel ![]() |
Premios | |
![]() |
Frederico Carlos de Hesse-Kassel, nado o 1 de maio de 1868 en Panker, Holstein, Reino de Prusia e finado o 28 de maio de 1940 en Kassel, foi un príncipe alemán de Hesse. Frederico Carlos era fillo do príncipe Frederico de Hesse-Kassel e Ana de Prusia. Foi elixido rei de Finlandia o 9 de outubro de 1918, pero nunca subiu ao trono debido a que Alemaña perdeu a primeira guerra mundial. O emperador Guillerme II de Alemaña era o seu cuñado.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou coa princesa Margarida de Prusia e tiveron seis fillos, todos varóns.
Na época da voda, o príncipe Frederico Carlos non era aínda a cabeza da Casa de Hesse-Kassel. Este título foille outorgado cando o seu irmán máis vello Alexandre Frederico abdicou para casar cunha plebea. O trato do príncipe Frederico foi ascendido ao de Alteza, en canto o de Margarida o foi ao de Alteza Real.
Os seus fillos foron (houbo dous pares de xemelgos):
- Frederico de Hesse-Kassel (1893-1916). Morto na primeira guerra mundial.
- Maximiliano de Hesse-Kassel (1894-1914). Morto na primeira guerra mundial.
- Filipe de Hesse-Kassel (1896-1980). Casado coa princesa Mafalda de Savoia.
- Wolfgang de Hesse-Kassel (1896-1989). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa María Alexandra de Baden. Sen descendencia.
- Ricardo de Hesse-Kassel (1901-1943). Faleceu solteiro e sen descendencia.
- Cristovo de Hesse-Kassel (1901-1943). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa Sofía de Grecia e Dinamarca. Con descendencia. Morto na segunda guerra mundial.