Tekla Hultin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTekla Hultin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1864 Editar o valor em Wikidata
Jaakkima, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Membro do Parlamento da Finlândia (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia
Gran Ducado de Finlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Helsinqui Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , membro do Parlamento da Finlândia (pt) Traducir , xornalista , atuária (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Jovem Finlandês (pt) Traducir
Partido da Coligação Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua finesa Editar o valor em Wikidata

Thekla (Tekla) Johanna Virginia Hultin, nada en Jaakkima (Rusia) o 18 de abril de 1864 e finada en Helsinqui o 31 de marzo de 1943, foi unha política e xornalista finesa, a primeira muller en obter un doutoramento no seu país. Foi deputada do Partido Fennoman Constitucional na Dieta de Finlandia, xornalista e militante feminista.[1] Ata a independencia de Finlandia, mostrouse contraria ás políticas de rusificación promovidas polas autoridades rusas e en contra da influencia sueca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Tekla Hultin foi unha das cinco fillas nadas do matrimonio formado por Julius Hultin e Katarina Sivander.[2] Tekla estudou en escolas privadas para nenas, primeiro en Sortavala entre 1874 e 1878, e despois en Hamina entre 1878 e 1881. Entre 1883 e 1885 estudou na Escola Finlandesa de Helsinqui (en finés: Helsingin suomalainen jatko-opisto)[2] En 1886 ingresou na Universidade Imperial Alexandre, hoxe coñecida como Universidade de Helsinqui, onde obtivo a súa licenciatura en filosofía en 1891, o máster de filosofía en 1894 e defendeu o seu doutoramento en filosofía o 11 de decembro de 1896, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento no Gran Ducado de Finlandia.[3]

Os seus primeiros traballos estiveron relacionados co mundo do periodismo e coa ensinanza. Mentres cursaba os seus estudos universitarios, Tekla traballou como redactora do xornal Helsingin Sanomat. Tamén traballou como mestra en Hämeenlinna nunha escola para nenas.[4]

Actividade política[editar | editar a fonte]

Entre 1901 e 1904 foi a secretaria do comité central da comisión industrial de finlandesa.[4].

En 1907 foi unha das candidatas do Partido Fennoman Constitucional ao Parlamento de Finlandia, aínda que non saíu escollida. A súa entrada no parlamento finlandés tivo tras as eleccións xerais de 1908, cando Tekla foi elixida deputada polo distrito occidental da provincia de Vyborg.

Entre 1924 e 1930 foi membro do Concello de Helsinqui.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Venla Sainio (22 de maio de 2000). Suomalaisen Kirjallisuuden Seura , ed. "Hultin, Tekla" (en finés). 
  2. 2,0 2,1 2,2 Sainio 2000.
  3. Sainio 2004.
  4. 4,0 4,1 Eduskunta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]