Recuperación de información
A recuperación de información, chamada en inglés information retrieval (IR), é a ciencia da procura de información en documentos, procura dos mesmos documentos, a procura de metadatos que describan documentos ou, tamén, a procura en bases de datos, xa sexa a través de Internet, intranet, para textos, imaxes, son ou datos doutras características.
A IR é un estudo interdisciplinar. Cobre tantas disciplinas que iso xera normalmente un coñecemento parcial desde tan só unha ou outra perspectiva. Algunhas das disciplinas que a participan destes estudos son a psicoloxía cognitiva, a arquitectura da información, deseño da información, o comportamento humano cara á información, a lingüística computacional, a semiótica, informática e biblioteconomía.
Os buscadores, tales como Google, Lycos, Altavista e Copernic, son algunhas das aplicacións máis populares da recuperación de información. Basicamente hai que construír un vocabulario, que é unha lista de termos en linguaxe natural, un algoritmo que inclúa as regras lóxicas da procura (Táboa de verdade) e unha valoración dos resultados ou cantidade de información lograda ou posible. Este motor de büsqueda é pois o que permite suscitar unha pregunta con non menos de dous termos e mostrar os resultados mínimos e o logaritmo natural das interaccións será ao redor de 3.
Algúns dos estudosos máis destacados dentro desta subdisciplina son Gerald Salton, W Bruce Croft, Karen Spärck Jones, C. J. van Rijsbergen, Ricardo Baeza Yates.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grupo COLE (Compiladores e Linguaxes) que agrupa a investigadores das universidades da Coruña e Vigo
- Grupo LYS (Lingua e Sociedade da Información) da Universidade da Coruña
- Information Retrieval Lab da Universidade da Coruña
- Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación da Información (RedPLIR)