Recuperación de información

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A recuperación de información, chamada en inglés Information retrieval (IR), é a ciencia da procura de información en documentos, procura dos mesmos documentos, a procura de metadatos que describan documentos, ou, tamén, a procura en bases de datos, xa sexa a través de internet, intranet, para textos, imaxes, son ou datos doutras características.

A IR é un estudo interdisciplinar. Cobre tantas disciplinas que iso xera normalmente un coñecemento parcial desde tan só unha ou outra perspectiva. Algunhas das disciplinas que a participan destes estudos son a psicoloxía cognitiva, a arquitectura da información, deseño da información, o comportamento humano cara á información, a lingüística computacional, a semiótica, informática e biblioteconomía.

Os buscadores, tales como Google, Lycos, Altavista e Copernic, son algunhas das aplicacións máis populares da recuperación de información. Basicamente hai que construír un vocabulario, que é unha lista de términos en linguaxe natural, un algoritmo que inclúa as regras lóxicas da procura (Táboa de verdade) e unha valoración dos resultados ou cantidade de información lograda ou posible. Este motor de büsqueda é pois o que permite suscitar unha pregunta con non menos de dous términos e mostrar os resultados mínimos e o logaritmo natural das interaccións será ao redor de 3.

Algúns dos estudiosos máis destacados dentro desta subdisciplina son Gerald Salton, W Bruce Croft, Karen Spärck Jones, C. J. van Rijsbergen, Ricardo Baeza Yates.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]