Saltar ao contido

Ray Loriga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRay Loriga

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJorge Loriga Torrenova
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, escritor de ciencia ficción, realizador, escritor, guionista, crítico literario Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioRay Loriga Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0520943 Allocine: 83675 Allmovie: p234081 BNE: XX838513 Dialnet: 1102030 Editar o valor en Wikidata

Jorge Loriga Torrenova coñecido como Ray Loriga, nado en Madrid o 5 de marzo de 1967, é un escritor, guionista e director de cine español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo do ilustrador José Antonio Loriga e da actriz de dobraxe Mari Luz Torrenova.

Tras traballar en diversos oficios e publicar relatos en diferentes publicacións como Underground ou El canto de la tripulación, debutou en 1992 coa súa novela Lo peor de todo. Tivo grande éxito de público e crítica, e foi publicada en toda Europa, como exemplo da literatura da Xeración X.

Moi relacionado co cine, debutou como director en 1997 con La pistola del hermano, adaptación da súa novela Caídos del cielo, e na que ademais da súa entón parella sentimental, a cantante Christina Rosenvinge, aparecían Daniel González, Viggo Mortensen, Karra Elejalde e Nico Bidasolo. En 2006 rodou Teresa, el cuerpo de Cristo, que aborda a vida de Santa Tareixa, interpretada por Paz Vega, xunto a Leonor Watling, Geraldine Chaplin, José Luis Gómez García e Eusebio Poncela.

En 1997 colaborou no guión da película de Pedro Almodóvar Carne trémula. Así mesmo, escribiu en 2004 o guión da película El séptimo día de Carlos Saura, e no 2005 escribiu xunto ó director e a Elio Quiroga o guión de Ausentes de Daniel Calparsoro.

En 2007 editouse a continuación de Días extraños, baixo o nome de Días aún más extraños, un libro composto por varios artigos, unha carta a Rodrigo Fresán e un par de relatos.

É pai de dous fillos, Wilhem e Kay, froito da súa relación con Christina Rosenvinge. Tamén estivo relacionado sentimentalmente coa top model Eugenia Silva.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloXénero
1992Lo peor de todoNovela
1993HéroesNovela
1994Días extrañosRelatos
1995Caídos del cieloNovela
1997Carne trémulaGuión cinematográfico
1997La pistola de mi hermanoGuión cinematográfico
1999Tokio ya no nos quiereNovela
2000TríferoNovela
2004El séptimo díaGuión cinematográfico
2004El hombre que inventó ManhattanNovela
2005AusentesGuión cinematográfico
2006Los indios no hacen ruidoConto infantil
2007Teresa, el cuerpo de CristoGuión cinematográfico
2007Días aún más extrañosRelatos e artigos

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítulo
1997La pistola de mi hermano
2007Teresa, el cuerpo de Cristo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]