Curro da Valga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°59′37.33″N 8°51′21.29″O / 41.9937028, -8.8559139 O curro da Valga é unha rapa das bestas que se celebra na Valga (Loureza, Oia) durante o segundo domingo de maio. É o primeiro curro do Val Miñor- Serra da Groba do ano.

De madrugada os veciños soben ó monte dirixidos polo bestilleiro e acurralan as burras do monte. O rito comeza coa baixa: acoso, acurralamento e condución dos grupos de cabalos. Os animais van descendendo ata chegar ó curro.

No recinto do curro, realízase a rapa das bestas: márcanse (cada dono posúe o seu marco) a lume e córtanselle as crins.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curro da Valga". Turgalicia. Consultado o 24/6/2016. 

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.