Flevoland
Flevoland | ||
---|---|---|
| ||
Himno: Waar wij steden doen verrijzen... | ||
Estado | ![]() | |
Capital | Lelystad | |
• Poboación | 73.793 (2008) | |
Cidade máis poboada | Almere | |
Lingua oficial | Neerlandés | |
Forma de goberno | Provincie | |
Comisario da Raíña | Leen Verbeek (PvdA) | |
Superficie | Posto 10º | |
• Total | 2.412,30 km² | |
• % auga | 41 | |
Poboación | Posto 11º | |
• Total | 383.496 hab. | |
• Densidade | 994,8 hab./km² | |
Fuso horario | UTC+1 | |
• Horario de verán | UTC+2 | |
Dominio de Internet | .nl | |
Código ISO | NL-FL | |
Flevoland é unha provincia do centro dos Países Baixos. Estabelecida o 1 de xaneiro de 1986 con Lelystad como capital, é a máis nova das 12 provincias neerlandesas. A súa poboación era de 383.496 habitantes en 2008, cunha superficie de 2412,3 km², dos cales un 41% corresponde a auga.
Situada ao sueste do IJsselmeer, está formada por terras gañadas ao mar (pólderes), concretamente o antigo Zuiderzee. A pesar de estar inicialmente planificada como unha zona eminentemente agrícola, a súa parte occidental considérase agora unha zona de futura expansión urbana: ha de permitir o crecemento do Randstad.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flevoland ![]() |