Rami Malek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rami Malek
Rami Malek in 2015 (2) (cropped).jpg
Nome completoRami Said Malek
Nacemento12 de maio de 1981
LugarOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversity of Evansville e Notre Dame High School
Profesiónactor de televisión, actor de cinema, actor de dobraxe, actor e produtor de cinema
Na rede
IMDB: nm1785339 Allocine: 135438 Rottentomatoes: celebrity/rami_malek Allmovie: p447607 TCM: 9842599 Metacritic: person/rami-malek TV.com: people/rami-malek
Facebook: RamiMalekOfficial Twitter: ItsRamiMalek Musicbrainz: f0f18431-0bb8-4884-bec1-2277da7cfd0a WikiTree: Malek-47 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rami Said Malek (|ˈrɑːmi ˈmælɪk|[1][2]), nado nos Ánxeles o 12 de maio de 1981, é un actor estadounidense. O papel co que se deu a coñecer foi co hacker Elliot Alderson na serie de televisión de USA Network Mr. Robot (2015), polo que recibiu varios premios, incluído un Emmy ao mellor actor nunha serie dramática. En 2018, interpretou a Freddie Mercury no filme biográfico Bohemian Rhapsody, polo que tamén gañou varios premios, entre eles o Oscar, o Globo de Ouro e o premio da BAFTA. Foi o primeiro actor de orixe exipcia que gañou o Oscar ao mellor actor.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malek naceu e creceu nos Ánxeles (California), de pais inmigrantes exipcios e estudou teatro na Universidade de Evansville en Indiana. Comezou a súa carreira en papeis secundarios no cinema e na televisión, entre eles a telecomedia da Fox The War at Home (2005–2007), a miniserie de HBO The Pacific (2010) e a triloxía Night at the Museum (2006–2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "'Bohemian Rhapsody' Interview w/ Rami Malek, Lucy Boynton & More". HBO. 26 de outubro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  2. "Our First Cover Star: Rami Malek". GQ Middle East. 4 de outubro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  3. "Oscars 2019: Rami Malek becomes the first Egyptian to win Best Actor". The National. 25 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019.