Trátase dunha canle televisiva de corte xeneralista que ofrece programación en inglés e emisión de series de primeira transmisión ou tamén de retransmisión, películas e transmisións deportivas. O propietario da canle é NBCUniversal.
Nos inicios, USA Network foi considerada unha canle de baixo impacto pero nos últimos anos foi gañando distinción pola súa transmisión de series exclusivas cun bo éxito televisivo como: Monk, Dead Zone, Suits, Os 4400, Psych ou tamén Mr. Robot, entre outras.