Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza
Nacemento 3 de marzo de 1915
  Poio
Falecemento 3 de febreiro de 1959
Nacionalidade España
Ocupación arqueólogo e aparellador
editar datos en Wikidata ]

Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, nado en Poio o 3 de marzo de 1915 e finado o 3 de febreiro de 1959, foi un arqueólogo e aparellador galego, fillo de Ramón Sobrino Buhigas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lápida da familia Sobrino Buhigas - Lorenzo Ruza no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Criouse na parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. Dirixiu diversas escavacións arqueolóxicas, centrando a maior parte dos seus traballos na arte rupestre prehistórica galega e continuando, en certa maneira, os traballos do seu pai. Tamén son destacables as súas intervencións arqueolóxicas sobre monumentos megalíticos na península do Morrazo, como por exemplo na Chan da Arquiña.

Publicou os seus resultados en diversas revistas especializadas, entre as que destaca a do Museo de Pontevedra. Outros estudos seus son os seguintes:

  • "Petroglifos e Laberintos", publicado no número 61 da Revista de Guimarães en 1951.
  • "Origen de los petroglifos gallego-atlánticos", na revista Zephyrus de Salamanca en 1952.
  • "Petroglifos prehistoricos europeos" publicado nas actas do Congreso Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas celebrado en Madrid (1954).
  • "Datos para el estudio de los petroglifos de tipo atlántico" no III Congreso Nacional de Arqueoloxía (1955).
  • "Bosquejo para un estudio de los petroglifos portugueses" na revista Caesaraugusta de Zaragoza (1957).
  • "Petroglifos de la Comarca de Lalín" publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos (1957 e 1958).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]