Ramón Carballo Tajes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Carballo Tajes
Nacemento1905
Falecemento15 de marzo de 1937
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ramón Carballo Tajes, nado cara a 1905 e finado na Coruña o 15 de marzo de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viaxante de comercio e veciño da Ponte do Porto (Camariñas). Estaba afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Andrés Balsas Vello e Manuel Carracedo Balsa. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Ramón intentou suicidarse cortándose as veas. Unha vez restablecido, foi trasladado Prisión provincial da Coruña o 7 de xaneiro de 1937, e xulgado en consello de guerra por rebelión militar con Andrés García Ferreiro, Ventura Andújar Méndez, Constante Campa Santos, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema o 24 de febreiro. Condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 15 de marzo de 1937. En xaneiro de 1943 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP A Coruña, 26-1-1943, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]