Ventura Andújar Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVentura Andújar Méndez
Biografía
Nacemento25 de maio de 1906 Editar o valor em Wikidata
Tufións, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónchofer , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ventura Andújar Méndez, nado en Tufións (Vimianzo) o 25 de maio de 1906 e finado na Arxentina o 24 de febreiro de 1970, foi un chofer e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chofer de profesión, mercou un camión e dedicouse ao transporte de alimentos e mercancías. Estaba asociado ao Sindicato de Oficios Varios da Ponte do Porto, afecto á UGT socialista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, acusado de rebelión militar polos sucesos dos días 18 ao 25 de xullo na Ponte do Porto e participar no asalto ás Torres de Vimianzo. Pasou pola prisión de Corcubión, o 11 de xaneiro de 1937 foi trasladado cos seus compañeiros á Prisión Provincial da Coruña. Xulgado en consello de guerra o 24 de febreiro con Ramón Carballo Tajes, Andrés García Ferreiro, Constante Campa Santos, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema foi condenado a cadea perpetua. En xuño de 1937 foi trasladado da cadea da Coruña ao penal de San Cristóbal de Pamplona, onde ingresou o 14 de xuño. Saíu en liberdade condicional en xuño de 1941. Logrou saír de España embarcando en Vigo para chegar a Arxentina o 28 de abril de 1950. Estableceuse en Villa Soldati, na capital federal. O 15 de xaneiro de 1952 chegou a Buenos Aires o seu fillo José Andújar Varela. En novembro de 1955 chegou a Arxentina a súa muller María cos seus fillos menores, Luis, de nove anos, e Manuel, de trece. Morreu na Arxentina en 1970.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Varela Méndez e foi pai de José, Manuel e Luis Andujar Varela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]