Andrés Balsas Vello
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1912 Camariñas, España |
| Morte | 23 de setembro de 1936 A Guarda, España |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
| Membro de | |
Andrés Celestino Balsas Vello, nado en Camariñas cara a 1912 e finado na Guarda o 23 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño da Ponte do Porto. Secretario do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, afecto á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu por mar a Portugal con Ramón Carballo Tajes e Manuel Carracedo Balsa. Alí foron detidos pola policía e entregados pola PIDE aos franquistas en Tui. Foi paseado o 23 de setembro de 1936 e o seu cadáver apareceu co de Manuel Carracedo nas inmediacións do cemiterio da Guarda[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fosa común". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2017.