Constante Campa Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1911 A Ponte do Porto, España |
Morte | 6 de xuño de 1938 (27 anos) Esteribar, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | xornaleiro, sindicalista |
Membro de | |
Pacífico Constante Campa Santos, coñecido como Constante de Correa, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 15 de abril de 1911 e finado en Esteribar o 6 de xuño de 1938, foi un sindicalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xornaleiro e muiñeiro da Ponte do Porto, membro do Sindicato de Oficios Varios da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no comité de defensa da República. Foi detido e trasladado do cárcere de Corcubión ao cárcere da Coruña o 7 de xaneiro de 1937. Xulgado en consello de guerra o 24 de febreiro con Andrés García Ferreiro, Ramón Carballo Tajes, Ventura Andújar Méndez, Manuel Mouzo Mouzo e Gumersindo Lema, foi condenado a cadea perpetua. Trasladado ao forte de San Cristovo de Pamplona o 13 de xuño de 1937, participou na fuga masiva do 22 de maio de 1938 e foi abatido pola forza pública en Esteribar o 6 de xuño.[2] En maio de 1941 foille conmutada a pena pola de sete anos de prisión maior. En xaneiro de 1943 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[3] O seu cadáver non foi atopado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luis Lamela (17 de xullo de 2021). "Varios vecinos de Camariñas fueron asesinados por defender la democracia". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Campa Santos, Pacífico Constante". Los presos del penal de Ezcaba.
- ↑ BOP A Coruña, 26-1-1943, p. 2.