COPEI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
COPEI
Logo
Tipopartido político
IdeoloxíaDemocracia cristiá, Humanismo cristão, Doutrina social da Igrexa e subsidiariedade
Data de fundación13 de xaneiro de 1946
Fundador(es)Rafael Caldera
Presidente/aRoberto Enríquez Lavaud (en) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aJuan Carlos Alvarado
SedeCaracas
PaísVenezuela
Na rede
http://copei.org.ve/
Facebook: copei.partido Twitter: copei_partido Instagram: copei.partido Telegram: copei_partido TikTok: copei_partido Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Comité de Organización Política Electoral Independente (COPEI), tamén coñecido polo seu slogan Partido Social Cristián COPEI, Partido Socialcristiano ou Partido Verde pola cor dos seus identificadores, é un partido político venezolano, fundado o 13 de xaneiro de 1946, enmarcado dentro da tendencia ideolóxica como un partido de centro democrático e humanismo cristián, sendo aconfesional.[1]

Antigo logotipo do partido, utilizado dende 1946 até 2008, estando representado pola frecha, símbolo universal da democracia cristiá.

Herdeiro do partido Acción Nacional e da Unión Nacional de Estudantes (UNE), o seu crecemento principal produciuse na década de 1940 nos estados andinos, Táchira, Mérida e Trujillo, co apoio da Igrexa Católica. De 1958 a 1998, a COPEI mantivo o poder político sobre Venezuela de xeito bipartidista con Acción Democrática, coas presidencias de Rafael Caldera (1969-1974) e Luis Herrera Campins (1979-1984). Nas eleccións parlamentarias celebradas en setembro de 2010, a COPEI obtivo 580458 votos, o que representaba 5,13 % de votos válidos e convertérono no quinto partido venezolano máis votado, e ao mesmo tempo convertérono no cuarto partido da coalición contraria ao goberno de Hugo Chávez, MUD, ao conseguir 10,88% dos seus votos.[2]

En 2015 o partido foi intervido por ordes do Tribunal Supremo de Xustiza, debido a conflitos internos solicitados polo seu entón presidente, Roberto Enríquez; desde entón o partido perdeu unha parte da súa militancia.[3] [4] Foi expulsado da MUD como os seus candidatos, por conflitos coa xunta ad hoc imposta polo TSJ.[5] [6]

O partido está dividido en dous sectores desde 2015, actualmente están en litixio entre o electo liderado por Roberto Enríquez (Presidente da Copei Lexítimo ODCA) que se presenta como candidato ás primarias e a xunta ad hoc.

O Copei Legítimo designa como candidato ás eleccións primarias a Roberto Enríquez Lavaud que, de resultar elixido, sería posteriormente candidato á presidencia en 2024;[7] outro sector propuxo internamente candidatos o 25 de marzo de 2023, durante a celebración do Consejo Federal Nacional a Juan Carlos Alvarado.[8]

Notas

  1. "¿QUIENES SOMOS? - Partido COPEI". web.archive.org. 2019-04-14. Archived from the original on 14 de abril de 2019. Consultado o 2024-02-28. 
  2. "Divulgación Elecciones Parlamentarias - 26 de Septiembre de 2010". web.archive.org. 2010-12-06. Archived from the original on 06 de decembro de 2010. Consultado o 2024-02-28. 
  3. "Nulidad actuaciones COPEI │ Acceso a la Justicia". Acceso a la Justicia (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  4. Lopez @odelopez, Odell (2015-07-31). "Intervención de Copei por el TSJ imposibilita postulación de Roberto Enriquez para el 6D". Efecto Cocuyo (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  5. Lapatilla (2015-06-24). "Estos son los candidatos de la oposición para las Parlamentarias (+ lista)". LaPatilla.com (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  6. "MUD expulsó a Copei y CNE le inhabilitó un candidato a la Asamblea Nacional". web.archive.org. 2018-09-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2018. Consultado o 2024-02-28. 
  7. "Roberto Enríquez oficializa su candidatura a las elecciones primarias de la oposición". 13 de xuño de 2023. Hoy la Comisión Nacional de Primaria recibió a Roberto Enríquez, quien consignó los recaudos solicitados para postular su nombre como candidato a la elección primaria del 22 de octubre 
  8. "Juan Carlos Alvarado será candidato de Copei a elecciones presidenciales de 2024". Partido COPEI. 27 de marzo de 2023. Consultado o 29 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.