Saltar ao contido

Rafael Balsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Balsa
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xuño de 1913 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, crítico de arte, escritor, autor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1877 Editar o valor en Wikidata -
Membro de

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario enciclopédico galego universal Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 82445 Galiciana: 59906 BNE: XX831079 BUSC: balsa-de-la-vega-rafael-1858-1913 Dialnet: 3852377

Rafael Balsa de la Vega (adoitaba asinar R. Balsa de la Vega), nado en Padrón en 1859 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1913, foi un pintor, crítico de arte, e tradutor galego.

Artistas y críticos españoles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pintou acuarelas e óleos, retratos de persoeiros como Juan Rodríguez del Padrón[1] ou Emilia Pardo Bazán e outros títulos como En una aldea de Galicia (100x60 cm), presentado á Exposición Nacional de Belas Artes de 1884,[2] Un rato de conversación (16x23 cm) ou Devotos de Santa María de los Arcos (16x26 cm), ámbolos dous incluídos na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887.[3] Viaxou por Europa e América. Xa como crítico, colaborou en La Ilustración Española y Americana, Blanco y Negro, La Ilustración Artística, Galicia. Revista Regional[4] e o Boletín de la Real Academia Gallega[5].

Pertenceu á redacción de El Liberal. Participou no deseño do Pazo de Meirás.[6] Asistiu aos faladoiros cotiás da Cova Céltica[7] e foi membro correspondente da Real Academia Galega.[8]

Cando morreu estaba a traballar, por encarga do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, na confección dun catálogo artístico e monumental das provincias galegas.[9]

Obra bibliográfica

[editar | editar a fonte]
Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España
  • Artistas y críticos españoles, 1891, Barcelona.
  • Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España, 1892, Barcelona
  • Eugenio Lucas, 1911, Madrid.
  • Orfebrería gallega. Notas para su historia, 1912, Hauser y Menet, Madrid.

Traducións

[editar | editar a fonte]

Traduciu ao castelá varias obras, a maioría delas de Emilio Salgari:

  • Sandokan, los tigres de Mompracen, de Salgari.
  • La mujer del pirata, segunda parte de Sandokan, de Salgari.
  • El corsario negro, de Salgari.
  • La venganza de Sandokan, de Salgari.
  • Los náufragos del Liguria, de Salgari.
  • Devastaciones de los piratas, de Salgari.
  • Noruega literaria, de Jacques de Coussange

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Unha rúa do centro de Padrón leva o seu nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]