Radiooncoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sesión de radioterapia no Istituto Nazionale per lo Studio e la Cura dei Tumori.
(Foto tirada contra 1930).

A radiooncoloxía, tamén denominada oncoloxía radioterápica, é a especialidade médica que usa a radioterapia para tratar o cancro,[1][2] a diferenza da oncoloxía médica, especialidade dedicada ao diagnóstico e tratamento do enfermo con cancro con quimioterapia, terapia con hormonas e outros medicamentos, e da oncoloxía cirúrxica, ou cirurxía oncolóxica, que foi a primeira especiaidade dedicada ao tratamento desta enfermidade, mediante a extirpación do tumor e dos tecidos circundantes durante unha operación.[3]

Cómpre tamén diferenciala da radioloxía, rama da medicina que estuda as radiacións electromagnéticas, epeciamente os raios X, con fins diagnósticos ou terapéuticos,[4]

A radiación adoita ser prescrita por un radiooncólogo (oncólogo especalista en radioloxía) coa intención de curar o cancro, ou como terapia acompañante. Tamén se pode usar como tratamento paliativo (cando a curación non é posíbel, co obxecto de controlar localmente a enfermidade ou producir un alivio sintomático) ou como tratamento terapéutico (onde a terapia ten un beneficio de supervivencia e pode ser curativa). Así mesmo é común combinar a radioterapia coa cirurxía, a quimioterapia, a hormonaterapia hormonal, a inmunoterapia ou algunha combinación das catro.

A radiooncoloxía comezou a practicarse nos primeiros anos do século XX. O primeiro médico en empregala en España foi o doutor Celedonio Calatayud en 1906.[5] [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. radioterapia s.f. 1. «Tratamento das enfermidades por medio de radiacións, sobre todo as oncolóxicas» (sic). No Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, 2003, Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3371-2.
  2. Esta definición ten un erro de redacción, que debería ser, obviamente, «Tratamento das enfermidades, sobre todo as oncolóxicas, por medio de radiacións».
  3. oncología no Diccionario de cáncer do Instituto Nacional del Cáncer, dos Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos.(en castelán).
  4. radioloxía, no Diccionario galego de termos médicos.
  5. Archivo del Boletín Oficial del Estado, Gazeta de Madrid, 10 de agosto de 1920. páx. 548.
  6. Medina, Rosa; Casas, Francesc; Calvo, Felipe A. (1996). "Radiation oncology in Spain: Historical notes for the radiology centennial." (PDF). Int. J. Radiation Oncology. Biology. Physics 35 (5): 1075–1091. Consultado o 26 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]